Home A Coruña Aberta a inscrición para participar nas ‘X Xornadas Gastronómicas Lacónicas’

Aberta a inscrición para participar nas ‘X Xornadas Gastronómicas Lacónicas’

- Anuncio -

Esta décima edición celebrarase do 13 de febreiro ao 9 de marzo

Os establecementos de hostalería que desexen participar poden anotarse ata este venres 24

A Coruña celebrará este ano a décima edición das Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos – ‘Lacónicas’. O evento gastronómico de referencia na cidade desenvolverase do 13 de febreiro ao 9 de marzo e os establecementos de hostalería que desexen participar poderán inscribirse ata ás 14:00 horas deste venres 24. “O Goberno de Inés Rey aposta un ano máis polo turismo gastronómico a través desta iniciativa que busca reivindicar un dos xantares máis populares de Galicia da man da
hostalería coruñesa”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Todos os locais deberán participar baixo o modelo de ‘Menú Lacónicas, Xornadas Gastronómicas do Lacón con Grelos’ e elaborar un menú tradicional baseado na proposta gastronómica popular da laconada. Cada un dos establecementos terá que ofrecer un único menú elaborado, principalmente, con produtos galegos de quilómetro 0.

Todos os menús deberán estar compostos por un primeiro (sopa ou similar), un prato principal (laconada) e unha sobremesa clásica (filloas e/ou orellas) ademais de incluír bebida (auga/refrescos/cervexa/adega de denominación de orixe galega) e café (opcional). O prezo da proposta terá oscilar entre os 20 e os 40 euros por persoa.
A participación nestas xornadas é gratuíta. Quen desexe participar deberá solicitar un formulario online a través do correo electrónico xornadaslaconicas@gmail.com. As bases poden consultarse nesta ligazón.

Relacionadas

Ribeira inaugurará o Centro Social de Carreira cunha celebración cultural o 26 de xaneiro

0
O Concello de Ribeira anuncia con satisfacción a inauguración do novo Centro Social de Carreira, un espazo deseñado para satisfacer as necesidades sociais e...

O BNG de Oleiros levará ao pleno de xaneiro as queixas existentes sobre incumprimentos...

0
Durante o ano 2024 tivo lugar o concurso público para o servizo de limpeza de Centros Públicos do Concello de Oleiros. Este concurso foi...

Todos os veciños e veciñas poderán participar nunha enquisa para opinar e valorar os...

0
Desde o 1 de febreiro estará aberta unha enquisa dirixida a todos os veciños e veciñas de Oleiros para que valoren e acheguen as...

Estrea o vindeiro venres 24 da obra de teatro “Menu-do Día” máis un faladoiro...

0
Hoxe tivo lugar a presentación do espectáculo a prol diversidade sexual que se engloba dentro da campaña “Liberdade de ser e de sentir” que...

As subvencións da Xunta para a adquisición de vivendas protexidas non se conceden ata...

0
A Xunta de Galicia publicou oficialmente as distintas subvencións para a adquisición de vivenda protexida, que exclúen as cooperativas, e que ademais non se...

Francisco Díaz Gallego pon en valor o Plan de Recuperación de Ruínas, “fundamental para...

0
O concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda fixo balance esta mañá dos novos avances que está a experimentar o Plan. A semana pasada, activouse...

Publicacións Relacionadas