Home A Coruña Aberto o prazo de inscrición no “Campionato de BTT resistencia Cidade de...

Aberto o prazo de inscrición no “Campionato de BTT resistencia Cidade de Narón”

- Anuncio -

O edil de Deportes, Ibán Santalla, presentou hoxe xunto con Samuel Bustabad, presidente do Club Ciclista Narón, a cuarta edición do “Campionato de BTT resistencia Cidade de Narón”. O edil naronés avanzou que o evento, no que poderán participar ata 300 persoas, terá lugar o vindeiro 16 de febreiro na parroquia de Pedroso. As inscricións, tal e como se avanzou, poden realizarse xa –e ata o 12 de febreiro ás 23:59 horas- a través da web da Federación Galega de Ciclismo: fgalegaciclismo.es, que colabora un ano máis nesta convocatoria.
Dende o Club Ciclista Narón destacaron o feito de que a de Narón é a última proba da Copa Galicia 3 horas BTT resistencia, da que sairán os campións galegos de cada categoría. Así mesmo, explicaron que os participantes sairán ás 10:00 horas das inmediacións do local social de Pedroso para realizar un percorrido circular por un tramo de seis quilómetros, íntegramente pola citada parroquia, no que gañará o que dea máis voltas nese tempo establecido de tres horas. A proba disputarase en varias categorías, masculinas e femininas.
O concelleiro de Deportes felicitou ao Club Ciclista Narón “polo éxito que ano tras ano acumula este evento deportivo, de moi recente creación en comparación con outros que se programan cada ano na cidade pero que ten unha excelente acollida de participantes e público”. Santalla recordou que o pasado ano se celebrou en Pedroso o campionato galego de BTT resistencia e destacou o feito de poder celebrar esta última a proba da Copa Galicia.

Relacionadas

Accidente de tráfico de camión contra turismo no lugar das Cortes, no concello de...

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta tarde á DP-3301 no PK 1 no lugar de As Cortes, no Concello de Rianxo,...

Cultura presenta a II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira 2025

0
Hoxe tivo lugar esta presentación por parte da concelleira de Cultura, Antía Alberte que encara esta segunda edición da II Mostra de Mulleres Creadoras...

O Pleno de Ribeira demanda, por unanimidade, revitalizar o sector do mar

0
Onte día 27 de xaneiro tivo lugar o primeiro pleno ordinario do ano no que se aprobou por unanimidade, a modificación da ordenanza reguladora...

A corporación municipal deixou sobre a mesa a proposta de Costas do Estado para...

0
O PP votou en contra de solicitar á Consellería de Educación que asuma a xestión e o custo do Conservatorio Profesional de Música A corporación...

Ribeira se solidariza novamente co Club de Remo da Pobra Ribeira 28 de xaneiro

0
Aínda todos e todas temos na retina o fatídico incendio que asolagou ao Club de Remo da Pobra a comezos de xaneiro deste ano,...

Abano Producións ultima na Coruña co apoio da Xunta a longa de animación‘Decorado’co premiado Alberto...

0
— A película conta cunha subvención de 260.000 euros a través da convocatoria para a produción de proxectos audiovisuais galegos de 2023 da Consellería...

Publicacións Relacionadas