Home A Coruña Aberto o prazo de inscrición no evento “Atrintaeundoce”, a San Silvestre de...

Aberto o prazo de inscrición no evento “Atrintaeundoce”, a San Silvestre de Narón

- Anuncio -

O edil de Deportes, Ibán Santalla, e o presidente da Agrupación Deportiva Náutico de Narón, Amando Guerrero, presentaron esta mañá “A trintaeundoce”, a San Silvestre de Narón. O evento desenvolverase o vindeiro 31 de decembro na cidade e o prazo de inscrición permanece aberto dende hoxe ata o 25 deste mes (ás 23.59 horas), podendo tramitalas a través da web: www.galitiming.com.

O evento inclúe catro categorías: Master (1987 e anteriores) e Senior (2007-1988), que sairán en ambos casos ás 16.50 horas para percorrer un tramo de 3.112 metros (dúas voltas); Promoción (2014-2008), con saída ás 16.30 para un tramo de 1.556 metros e Pitufos (2015 e posteriores) que sairán ás 16.20 e horas e percorrerán aproximadamente 200 metros, tal e como apuntou Guerrero. O circuíto terá a saída e a meta na estrada de Castela, á altura do número 336 (nas inmediacións da glorieta de Freixeiro) e o punto de retorno para algunhas categorías –B, C e D- estará no citado vial pero á altura do número 525.

O tramo estará pechado á circulación rodada mentres se desenvolva a proba.
Os dereitos de inscrición na carreira absoluta teñen un custe de 3 euros para a categoría absoluta e de un para a de promoción, se ben será de balde para a categoría de pitufos, tal e como se estipula nas bases. No momento da inscrición, a maiores dos datos persoais, deberase especificar se se corre como popular ou federado, debendo no último caso facilitar o número de licenza e o clube. Os dorsais poderán recollerse o propio 31 de decembro na caseta de información turística do Concello, ubicada no parque de Freixeiro dende as 15:15 horas, e tamén previamente, dende o venres 29 ás 16:00 ata o sábado 30 ás 21:00 horas en Decathlon Ferrol.

A entrega de premios será no parque de Freixeiro, unha vez rematada a proba absoluta. Haberá medallas para os tres primeiros clasificados en cada categoría e sexo; na de pitufos darase un agasallo a cada un por participar, ao ser esta proba non competitiva. Os tres primeiros clasificados masculinos e femininos absolutos da proba terán un premio especial e sortearanse tamén varios agasallos ao remate da proba.
O concelleiro de Deportes agradeceu a colaboración do Náutico de Narón e tamén de todas as persoas que colaborarán para o correcto desenvolvemento desta convocatoria, que reúne cada ano a centos de persoas. “Animo ás veciñas e veciños a anotarse porque é un día moi sinalado no que tamén dende Narón organizamos xa dende hai un tempo a tradicional San Silvestre para despedir o ano cun evento deportivo aberto á participación de persoas de todas as idades”, apuntou Santalla.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Ortigueira que...

0
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 9 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para...

A Biblioteca Municipal de San Sadurniño organiza un concurso de ilustracións sobre a obra...

0
Os orixinais poderán presentarse entre o 23 de febreiro e o 3 de marzo O Concello tamén fai un chamamento á participación na manifestación de...

O presidente da Deputación deplazouse a Ribeira para dar a coñecer o plan de...

0
Hoxe tivo lugar a visita do presidente da Deputación, Valentín González ao Concello de Ribeira o presidente puxo en valor o Plan de Obras...

O Concello solicitará subvencións europeas para diversas actuacións que suman 16 millóns de euros

0
O Concello de Oleiros vai presentarse á próxima convocatoria de fondos europeos para recibir financiamento para diversas actuacións que no seu conxunto suman 16...

Lixeiro descenso do número de familias en situación de vulnerabilidade

0
Nun ano, o número de familias en situación de vulnerabilidade pasou de 284 a 274. É dicir, houbo un lixeiro descenso. Non se duplicaron. O...

Mañá, día 11 de febreiro ábrese o prazo de inscrición para a primeira ruta...

0
O Concello de Oleiros organiza o vindeiro 22 de febreiro unha ruta desde a Fervenza do Toxa ao Mosteiro de Carboeiro e visita ao...

Publicacións Relacionadas