Free Porn
xbporn
Home A Coruña Aberto o prazo de inscrición no programa Lecer Educativo nos centros públicos...

Aberto o prazo de inscrición no programa Lecer Educativo nos centros públicos da Coruña para o curso 2024-2025

- Anuncio -

As persoas interesadas poderán apuntarse nos plans municipais de actividades para nenos e nenas ata o 3 e 15 de setembro

O Concello da Coruña abriu esta semana o prazo de inscrición no programa Lecer Educativo, unha iniciativa de actividades complementarias para nenos e nenas matriculadas nos centros públicos e impulsada polo Goberno de Inés Rey a través do plan Coruña Educa, que está xestionado pola Federación de ANPA de centros públicos da Coruña.

O obxectivo deste programa é promover un desenvolvemento integral na infancia e na mocidade, abranguendo tanto o aspecto físico como o cultural e o socioemocional. O xogo e a diversión serán fundamentais ao tratarse de actividades de tempo libre. Para o vindeiro curso 2024/2025 haberá catro programas diferentes: Cóxegas, Deporte no Centro, Arte e Cultura no Centro e Idiomas no Centro. A inscrición para os distintos programas pode realizarse en www.fedapascoruna.org.

O programa Cóxegas, cuxa inscrición está aberta ata o 3 de setembro, ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral no propio centro educativo ao longo de tres semanas no mes de setembro. A rapazada gozará de xogos, deportes e actividades lúdicas participando nunha emocionante aventura onde se promoven hábitos e normas de convivencia e o fomento o desenvolvemento cognitivo, psicomotor e social.

Deporte no Centro, pola súa banda, promove o poder do deporte para o desenvolvemento completo da rapazada, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais. Os obxectivos principais son o gozo, a participación inclusiva, os hábitos saudables, o desenvolvemento de habilidades e o uso positivo do tempo libre. A metodoloxía activa garante que todo o alumnado estea cómodo e goce plenamente das actividades, independentemente do seu nivel. A inscrición está aberta ata o 15 de setembro.

Por outra banda, Arte e Cultura no Centro ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar dos nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral a través de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica. A inscrición está aberta ata o 15 de setembro.
Por último, Idiomas no Centro é unha proposta de lecer centrada na aprendizaxe de inglés e francés de forma divertida. O programa distínguese por ser unha actividade complementaria cun enfoque lúdico, onde os estudantes participan activamente. Adáptanse as actividades aos intereses dos alumnos, cunha forte énfase no desenvolvemento de habilidades comunicativas prácticas para a vida cotiá. O período de inscrición está aberto ata o 15 de setembro.

Estes últimos tres programas desenvolveranse durante o curso escolar, entre o 2 de outubro de 2024 e o 20 de xuño de 2025, agás nos períodos vacacionais. Toda a información de cada un dos programas e as condicións xerais de participación pódense consultar na seguinte ligazón.

Relacionadas

COGAMI demanda medidas para garantir unha educación inclusiva e accesible no novo curso escolar...

0
Ante o inicio deste novo curso escolar 2024-2025, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, COGAMI, lanzamos unhas propostas co fin de que...

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

Publicacións Relacionadas