Home A Coruña Aberto o prazo para formalizar a matrícula no servizo municipal de ‘Almorzos...

Aberto o prazo para formalizar a matrícula no servizo municipal de ‘Almorzos na escola’

- Anuncio -

• Forma parte do programa de concilicación laboral e familiar “Conciliortigueira”, que inclúe tamén o servizo ‘Sen cole non cole’

• O prazo para formalizar a matrícula será de 15 días hábiles a partir de hoxe e o trámite pode realizarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica

A resolución de alcaldía deste 22 de maio aprobou a listaxe definitiva de persoas admitidas no programa ‘Almorzos na escola’ do Departamento de Igualdade do Concello de Ortigueira, que se pode ver na sede electrónica municipal.
Este servizo parte do programa “Conciliortigueira”, ao que ademais pertence a actividade “Sen Cole non Cole” para levar a cabo a conciliación laboral e familiar durante os períodos non lectivos como o Nadal ou a Semana Santa.
As familias poderán a matrícula nos próximos 15 días hábiles, a contar desde hoxe, no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica achegando a documentación necesaria (matrícula).
“Conciliortigueira” é un programa que pretende facilitar a conciliación da vida laboral e familiar para os veciños de Ortigueira, no que os menores están atendidos por persoal cualificado e desenvolven actividades lúdicas diversas de coeducación, colaboración e igualdade.

Trátase dun servizo gratuíto para as familias e conta co cofinanciamento da Secretaría Xeral de Igualdade a través dunha subvención do Programa do Plan Corresponsables non ámbito local.

Para solicitar máis información sobre o programa pódese contactar co CIM de Ortigueira

Relacionadas

Arranca a nova edición das Xornadas Literarias de Neda centrada na cultura xaponesa

0
A Casa das palmeiras acollía esta tarde a inauguración da XIX edición das Xornadas Literarias de Neda. Unha cita que, baixo o título de...

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas