O Concello de Outes vén de aprobar as bases da IV Gala do Deporte Municipal do Concello de Outes que teñen como obxetivo principal recoñecer e premiar públicamente o labor das persoas e entidades que desenvolven a súa actividade deportiva no municipio e que destacan pola súa traxectoria deportiva, logros ou contribución ao fomento deportivo da vila.
Para poder optar aos diferentes recoñecementos, as persoas terán que ser nativas do Concello de Outes e estar empadroadas nel dende o ano anterior á gala. Tamén poderán ser galardoados neste acto os adestradores dos qeuipos de base de Outes, clubs ou entidades deportivas que desenvolvan actividades na vila, persoas vinculadas á información, promoción e fomento do deporte do Concello, entre outros requisitos.
O alcalde de Outes, Francisco Calo indicou en que “iniciativas coma esta reafirman o noso compromiso co deporte como ferramenta de cohesión social, promoción de saúde e orgullo comunitario. Esta gala é unha boa ocasión para celebrar os valores deportivos e render homenaxe ás perosas que fan do deporte unha paixón compartida”.
Tamén quixo destacar as inversións que se levan feito, como a mellora no campo de fútbol, as melloras na piscina municipal, no Freixo a mellora da pista de tenis.
OITO RECOÑECEMENTOS
En total, na gala distinguiranse un total de oito recoñecementos: mellor deportista outense en categoría masculina e feminina, mellor deportista novel, mellor adestrador/a, mellor equipo, tamén existe a categoría do mellor clube, asociación ou entidade deportiva, premio ao patrocinio e colaboración co deporte, premio ao mellor evento do ano e mencións especiais.
O concelleiro de Deportes José Antonio Caamaño, está gala quere valorar o traballo da xente no día a día do deporte, unha gala aberta a todo a veciñanza.
Calquera club, institución ou asociación, outras entidades e a propia veciñanza poderán propoñer os nomes que considerasen oportunos en todas as categorías, excepto nas mencións especiais, debidamente documentados en canto a méritos contraídos. As bases para poder facelo poden ser consultadas na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Outes.
O prazo de candidaturas está aberto dende o 15 de outubro e ata o 15 de novembro, e presentaranse na sede electrónica do Concello de Outes ou de forma presencial no rexistro, tamén na dirección de correo electrónico deportes@outes.gal.

