Home A Coruña Aberto o prazo para solicitar as subvencións dirixidas a entidades culturais, deportivas,...

Aberto o prazo para solicitar as subvencións dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativaas e deportistas individuais

- Anuncio -

O período para a presentación de solicitudes é dun mes.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe as bases da convocatoria de subvencións municipais do Concello da Laracha dirixidas a entidades culturais, deportivas, educativas e deportistas individuais. Esta liña de axudas ten por finalidade cooperar no financiamento dos gastos de organización e desenvolvemento de actividades realizadas ou que se vaian levar a cabo ao longo do ano actual.

Do mesmo xeito que nos anos precedentes, os catro apartados de actuacións subvencionables que se recollen na convocatoria corresponden a:
• Promoción de actividades educativas: actuacións culturais ou deportivas a realizar nos centros educativos públicos da Laracha, ben polas asociacións de alumnos ou de pais e nais ou mesmo polos propios centros educativos.
• Promoción de actividades culturais: entendendo por elas calquera acción referida á conservación, promoción e divulgación dos valores culturais.
• Promoción de actividades deportivas: neste apartado inclúense as escolas deportivas, cursos, competicións, campus e todas as actividades relacionadas co fomento do deporte en xeral.
• Deportistas individuais: a través desta achega económica, o Concello da Laracha pretende apoiar aos seus deportistas máis importantes cunha subvención para sufragar os gastos das viaxes ou da adquisición e o mantemento do seu material deportivo. Á hora da concesión da subvención, valoraranse os éxitos persoais de cada deportista nas competicións en diferentes ámbitos xeográficos.

As entidades beneficiarias deben desenvolver a súa actividade no termo municipal da Laracha e carecer de fins de lucro. Aos deportistas individuais requíreselles estar empadroados no concello cunha antigüidade mínima de dous anos consecutivos, dispoñer de licenza deportiva vixente, non realizar a súa actividade como parte dun club, asociación ou entidade beneficiaria desta mesma liña de axudas e participar en competicións de ámbito autonómico, nacional ou internacional destacando nos resultados das mesmas.
Estas subvencións municipais, ás que o Concello destina 132.500 euros, son compatibles coas convocadas por outros organismos. O prazo de solicitude é de un mes a contar a partir de mañá.

Publicación das bases da convocatoria no BOP:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2023/06/07/2023_0000004422.pdf

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas