Home A Coruña Abre a tránsito peonil a meirande parte de San Andrés tras completar...

Abre a tránsito peonil a meirande parte de San Andrés tras completar o Concello a súa reconversión en bulevar

- Anuncio -

A alcaldesa, Inés Rey, comprobou hoxe o avance dos traballos, que culminaron esta semana coa instalación dos semáforos, marquesiñas e novo mobiliario e zonas verdes no conxunto da rúa

A alcaldesa, Inés Rey, supervisou na mañá deste sábado os traballos de reurbanización da rúa de San Andrés, logo da apertura e retirada da maquinaria e estruturas en gran parte da actuación, entre a praza de Santa Catalina e a rúa Torreiro. A rexedora estivo acompañada por José Manuel Lage, concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica; Francisco Díaz Gallego, concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda; Noemí Díaz, concelleira de Infraestruturas e Mobilidade e Yoya Neira, concelleira de Medio Ambiente.

Entre os últimos avances atópase o remate do treito entre as rúas Santa Catalina e Torreiro, a instalación dos semáforos, as novas marquesiñas do transporte urbano e a colocación de novo mobiliario e novas zonas verdes. “Os traballos avanzan a bo ritmo e esperamos que estean rematados antes da data recollida no contrato do 7 de marzo de 2025”, sinalou a alcaldesa.

Coa retirada de todo o material de obra no treito entre Santa Catalina e Torreiro, os traballos centraranse ata o final da actuación na reurbanización da rúa cara a praza de Pontevedra. Coa previsión de que poda quedar aberta toda a rúa ao tránsito peonil ata a rúa Alameda o día 30 deste mes mellorando o acceso aos comercios nestas datas de consumo navideño. Ademais, estes días procederase á instalación de luces de Nadal no conxunto da rúa.

Os próximos traballos será a formigonaxe da calzada e beirarrúas no treito final. “Con esta actuación recuperamos a identidade desta rúa tan emblemática da nosa cidade, dándolle un novo pulo ao seu comercio á vez que adaptamos a vía priorizando as persoas”, dixo Inés Rey.

O orzamento total desta obra é superior aos tres millóns de euros e o seu obxectivo foi o de recuperar a configuración orixinal de San Andrés no século XVIII como bulevar. Entre as actuacións levadas a cabo está a configuración da rúa nunha plataforma única, a plantación de moreiras de Valdeorras, a ampliación de beirarrúas e a instalación de novo mobiliario.

Relacionadas

O BNG anima a consumir no comercio local e promociona os produtos galegos

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) anima a consumir no comercio de proximidade, lanzando unha nova campaña baixo o lema “Mellor local, mellor galego”. Nesta...

O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira interpretará a “Canción de Nadal” inspirada no...

0
Hoxe tivo lugar a presentación desta iniciativa do Grupo Municipal de Teatro que o seu director, Óscar Romero leva tempo pensando en levala á...

Pol Guasch e Mario Regueira protagonizan a derradeira sesión de Poetas Di(n)versos do ano

0
O evento organizado e conducido por Yolanda Castaño celebrarase este luns 23 ás 20.00 horas no auditorio do Centro Sociocultural Ágora O ciclo de poesía...

Bergondo tarde e mal iluminado polo Nadal

0
O Partido Popular dirixido por Manuel Fafián lamenta un ano máis que o Concello de Bergondo teña unha iluminación do Nadal moi pobre debido...

Incendio dun vehículo no Concello da Laracha

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron sufocar o incendio dun vehículo na estrada que vai de Lemaio ao Polígono Industrial no Concello...

Entrega de premios do Tapeando Carral 2024

0
O Concello de Carral fixo entrega hoxe, na Casa do Concello, dos premios do Concurso ‘Tapeando Carral’ 2024. O Velo de volandeira do Pacífico, do...

Publicacións Relacionadas