HomeA CoruñaÁbrese ata o 6 de xuño o prazo para anotarse na VIII...

Ábrese ata o 6 de xuño o prazo para anotarse na VIII Carreira escolar Concello de Neda

- Anuncio -spot_img

En marcha os preparativos para a oitava edición da Carreira escolar de Neda. O Paseo de Xuvia acollerá o sábado 14 esta proposta, concibida para impulsar a práctica de atletismo, e fomentar a convivencia entre o alumnado local. O Concello abre o prazo de inscrición tanto para os centros educativos nedenses como para estudantes doutros municipios que queiran sumarse.

A proba disputarase a partir das 10 horas na contorna do albergue de peregrinos. E a idade dos nenos e nenas –menores de entre 4 e 13 anos- determinará tanto a adscrición a unha das cinco categorías existentes e tamén a distancia que deberán percorrer.
Así, os máis cativos competirá na categoría peques (nacidos no 2020 ou posteriores) correrán 50 metros aproximadamente; os sub-8 (nados no 2018 ou no 2019), 350 metros; os sub-10 (2016 ou 2017) un total de 700 m; finalmente, os sub-12 (de 2014- 2015) e os sub-14 (de 2012-2013) correrán 1.050 metros.

Os colexios nedenses deberán facer a inscrición como equipo, tendo que enviar a relación de integrantes antes da medianoite do 6 de xuño, ao correo electrónico escolasneda@gmail.com. A través dese mesmo email e dentro do mesmo prazo poderá inscribirse a rapazada doutros colexios que queira sumarse á proba deportiva. Neste caso, terán que indicar nome e apelidos, DNI, idade, e nome centro ao que pertencen.

A totalidade dos participantes desta VIII Carreira Escolar do Concello de Neda recibirán, independentemente da posición na que finalicen, medalla. Ademais, haberá trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada categoría, agás na dos máis pequenos.

Publicacións Relacionadas