Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira participaron pasadas as 12:00 horas desta mañá nun operativo provocado por un accidente de tráfico en Oleiros, no concello de Ribeira.
A incidencia tivo lugar na AC-550 e implicou a tres vehículos, sendo preciso que unha persoa ocupante dun dos turismos tivese que ser liberada do interior deste polos bombeiros provinciais.