Os bombeiros do parque provincial de Betanzos veñen de actuar nestes momentos nun operativo provocado por un accidente de tráfico na N-550, á altura do punto quilométrico 30, ao paso da estrada polo concello de Ordes.
A incidencia foi provocada por un turismo que saíu da vía e colisionou contra un valado. Os bombeiros provinciais, que actuaban fóra de ámbito debido a que os compañeiros do parque provincial de Ordes estaban actuando nutro operativo neses intres, tiveron que liberar o corpo do interior do vehículo.