HomeA CoruñaAccidente de tráfico de camión contra turismo no lugar das Cortes, no...

Accidente de tráfico de camión contra turismo no lugar das Cortes, no concello de Rianxo

- Anuncio -spot_img

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta tarde á DP-3301 no PK 1 no lugar de As Cortes, no Concello de Rianxo, para realizar a limpeza dunha mancha de aceite ocasionada pola colisión dun camión e un turismo.

O paso de vehículos estendera a mancha, que urxe limpar xa que se trata dunha curva perigosa.

O camión implicado foi retirado polo Concello de Rianxo, e a colisión provocou tamén a rotura do peche dunha vivenda na rúa As Cortes.

Completaron o operativo a Policía Local de Rianxo e a Garda Civil de Tráfico de Santiago de Compostela.

Publicacións Relacionadas