Os bombeiros do parque comarcal provincial de Arzúa foron alertados ao redor das 12:30 horas deste mediodía dun accidente de tráfico acontecido na estrada AC-231 ao paso da vía polo municipio de Sobrado dos Monxes.
A incidencia foi ocasionada por unha saída de vía na que un turismo caeu por un pequeno desnivel anexo á estrada. Unha vez chegados ao punto, o persoal sanitario informou que a persoa involucrada xa se atopaba fóra do turismo. Ademais, debido a que non se presentaba ningún derrame de líquidos, a estrada quedou operativa en todo momento.
No operativo tamén participou a Garda Civil de Tráfico da Coruña, o 061 e o GES de Friol