Accidente de tráfico na parroquia de Sardiñeiro, no concello de Fisterra

adminON
Lectura mínima de 1

Os bombeiros do parque Provincial de Cee participaron pasadas as 22:30 horas de onte nun operativo provocado por un accidente de tráfico entre os lugares de Sardiñeiro de Arriba e Sardiñeiro de Abaixo, na parroquia fisterrá de Sardiñeiro.

A incidencia implicou a un só vehículo cuxo ocupante resultou ferido de levidade e tivo que ser trasladado ao hospital. Á chegada dos bombeiros provinciais a persoa xa se atopaba fora do vehículo polo que o operativo consistiu na colaboración para que recibira atención sanitaria e na regulación do tráfico.

Comparte este artigo