HomeA CoruñaAccidente de tráfico por saída de vía no concello de Betanzos

Accidente de tráfico por saída de vía no concello de Betanzos

- Anuncio -spot_img

Na tarde de onte, o parque provincial de Betanzos recibiu un aviso por un accidente de tráfico no concello de Betanzos, cunha persoa atrapada no interior do vehículo.

O suceso foi causado por un malestar físico do condutor, que perdeu o control do automóbil, saíndose da vía e quedando sobre a beirarrúa, entre uns colectores de lixo soterrados e unha tenda. Os bombeiros liberaron á vítima, que presentaba feridas leves e foi trasladada ao PAC do concello para a súa avaliación e atención médica.

Publicacións Relacionadas