A pasada noite, o parque provincial de Carballo recibiu aviso por un vehículo accidentado que se saíra da vía na parroquia de Oca, concello de Coristanco. Ao chegar ao lugar dos feitos, os bombeiros comprobaron que a única persoa implicada era o condutor do coche, que aparentemente se atopaba ileso e puido saír do vehículo sen ningún problema. Completaron o servizo Protección Civil de Coristanco, unha ambulancia do 061, garda Civil de Carballo e GES Ponteceso.