Home A Coruña Acto informativo sobre o novo Plan Director do aeroporto

Acto informativo sobre o novo Plan Director do aeroporto

- Anuncio -

– Celebrase o luns 28, jás 19.00h, no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples.

– Abordaremos as consecuencias e servidumes do novo Plan Director e as posíbeis accións a levar a cabo polas persoas afectadas.


O BNG de Culleredo organiza este luns día 28, ás 19.00h., unha palestra informativa sobre as implicacións do novo Plan Director do Aeroporto de Albedro, no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Acompañarán a Tono Chouciño o profesor de Dereito Administrativo da UdC, Carlos Aymerich, e o avogado Xoán Antón Pérez Lema.

No acto falarase das consecuencias e servidumes que traerá a aprobación de dito Plan Director sobre as propiedades incluídas no ámbito de afección da pegada sonora e as posíbeis accións a levar a cabo polas persoas afectadas.

Para Tono Chouciño “a veciñanza non pode ficar á espera do cumprimento dunhas difusas promesas que, coñecendo como coñecemos ao señor Rioboo, pronto se han transformar en excusas e lamentacións”

No último Pleno, celebrado este xoves, puidose comprobar como o Goberno de José Ramón Rioboo amosara o seu escaso interese en dar cumprimento ás resolucións aprobadas polo anterior Pleno Municipal e mesmo se negaba a apoiar financeiramente ás asociacións veciñais para que puideran reclamar contra o texto aprobado polo Ministerio.

Relacionadas

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Inés Rey presenta o catálogo da mostra antolóxica do pintor Cheché Martín, que se...

0
“É case imposible abranguer a cantidade de dimensións nas que se moveu, talvez só poidamos facelo definíndoo como un home de mundo, un mundo...

Publicacións Relacionadas