A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, púxose hoxe en contacto co xerente do Sergas, Luis Verde, para trasladarlle a preocupación do Concello polo incremento do número de positivos por Coronavirus no municipio nos últimos días.
Actualmente hai 62 casos activos.
Ante a petición de levar a cabo un cribado xeral o representante do Sergas indicou que é máis efectivo continuar cos cribados sectoriais e tomar as medidas necesarias atendendo aos resultados.
Debido a un positivo entre o persoal do CEIP Ponte do Porto farase un cribado dirixido ao profesorado e aos traballadores do comedor e do servizo de limpeza.
Mañá o Comité Clínico da Xunta de Galicia dará a coñecer novas restricións.