Free Porn
xbporn
Home A Coruña Adxudicación da redacción proxecto básico e de execución para a Rehabilitación do...

Adxudicación da redacción proxecto básico e de execución para a Rehabilitación do Conservatorio de Aguiño

- Anuncio -

O concello de Ribeira segue novamente dando pasos en materia de eficiencia enerxética e sustentabilidade con esta nova adxudicación de redacción de proxecto e de execución para rehabilitar o Conservatorio de Aguiño.

As medidas proxectadas para a “Rehabilitación do Conservatorio de Aguiño” supoñen pasar dunha cualificación enerxética D a unha A, alcanzando un aforro do 73,56% no consumo de enerxía primaria de orixe non renovable.

O actual Conservatorio de Aguiño é un edificio dunha tipoloxía construtiva moi básica, construído para unha finalidade na que non era necesario acondicionar correctamente o interior, e que non foi reformado en profundidade. Isto tradúcese nunha demanda de enerxía excesiva para alcanzar valores de confort térmico aceptables para os usuarios. Ademais, presenta un elevado grao de deterioración, que afea a contorna no que se enclava e resta interese para o seu uso por parte dos cidadáns.

Pola outra banda, as instalacións tamén son antigas e moi ineficientes, con sistemas instalados hai 20 anos que foron amplamente superados na actualidade. Esta ineficiencia, unida á mala situación dos cerramentos, provoca un gasto excesivo en enerxía que non redunda ademais na mellora das condicións interiores, ademais de incrementar o custo do mantemento das mesmas.

O proxecto pretendido, tratará de:
1. Incluír un sistema de climatización por aerotermia e renovación de aire con recuperación de calor de alta eficiencia.

2. Mellorar sistemas de iluminación con outros de menor consumo

3. Manter os mesmos usos internos

4.Mellorar o illamento cun sistema SATE exterior protexido cun panelado de madeira termotratada.

5. Incluír un falso teito de madeira no espazo do escenario para mellora acústica

6. Igualar a altura da cornixa coa cumbrera do tellado para ordenar o volume.

7. Igualar a altura da cornixa coa cumbrera do tellado para ordenar o volume.

8. Incluír paneis solares en cuberta

9. Converter as xanelas do espazo do escenar auditorio e da cantina en correderas ata o chan de modo que os espazos do auditorio e da cantina póidanse estender ao exterior facendo un edificio máis participativo.

10. Ocupar cunha bancada exterior o espazo actual de aparcamento que se desprazaría cara ao lateral do edificio de Telefónica para lograr un auditorio exterior.

11. Deplazar a zona de xogos dos nenos a un lateral máis visible desde a rúa para á súa vez permitir un espazo social exterior con grellada enfronte da cantina.

12. Revestir as paredes interiores con paneis acústicos de madeira

13. Introducir un espazo de asento para espera próximo á entrada

14. Utilizar madeira laminada como material estrutural para as novas estruturas

O rexedor, Luís Pérez Barral, afirma que despois das instalacións dos paneis fotovoltaicos do Complexo Deportivo da Fieiteira, Novo Auditorio a da Unidade de Condutas Aditivas (UCA), “con esta futura actuación o concello de Ribeira seguirá ca implementación da eficiencia enerxética en tódalas instalacións municipais para mellorar en aforro enerxético e seguir avanzando na eficiencia enerxética así como reducir as emisións de carbono”. Ademais disto, Pérez Barral destaca que grazas a esta actuación, “Aguiño verá como se mellora un equipamento fundamental na parroquia e que acolle tantos eventos”.

O estudo foi adxudicado CSA Arquitectura por un importe 50.379,32 € e está enmarcado no Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP) do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Relacionadas

O PP de Cabanas renuncia a 148.000 € dunha subvención conseguida polo BNG no...

0
A subvención, equivalente ao 5% do orzamento municipal, buscaba mellorar a conectividade e apoiar o comercio e hostalería locais, seguindo a liña de traballo...

O espectáculo ‘Somos criminais e punto final’ pechará o ano do Teatro Colón con...

0
Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco volverán á cidade co seu recoñecible humor os días 28, 29 e 30 de decembro O espectáculo ‘Somos criminais...

O Concello de Fene asina convenios de colaboración por 23.800 € con diversas entidades...

0
As entidades beneficiarias son o CRD Agarimo, a Confraría Santiago Apóstol de Barallobre, a Asociación Perla Mural Fest e a Asociación de Comercio, Hostalería...

Máis de 60 mozos e mozas de Paderne reciben desde este outubro clases de...

0
Impártense a estudantes de 3 a 16 anos nas dependencias da Casa Consistorial habilitadas, coa novidade das Técnicas de Estudo Sergio Platas: “Como institución máis...

Incendiados catro colectores en diversos puntos Da AC-550, no concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados onte de diversos incendios en colectores da localidade.O primeiro aviso tivo lugar pasadas as 21:30...

Accidente de tráfico na N-651 ao seu paso polo concello de Paderne

0
Os bombeiros do parque Provincial de Betanzos participaron esta tarde nun operativo derivado dun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada N-651, á...

Publicacións Relacionadas