HomeA CoruñaAdxudicado o contrato municipal de xestión das escolas deportivas, culturais e de...

Adxudicado o contrato municipal de xestión das escolas deportivas, culturais e de benestar de Neda

- Anuncio -spot_img

O Concello de Neda vén de adxudicar á firma A Billarda SL. a planificación metodolóxica e prestación das escolas deportivas, culturais e de benestar da localidade. Un total de seis empresas optaban ao contrato municipal, que contempla case 2.600 horas de traballo anuais.
A administración local investirá 65.602 euros anuais para a xestión das distintas actividades deportivas e talleres cognitivos que oferta en cada curso académico, cunha participación que supera ás 200 persoas. A duración do contrato será de dous anos, coa posibilidade de prórroga por outro ano máis.
Como xa se anunciou, o público adulto poderá beneficiarse ata finais de xuño de clases de ximnasia de mantemento, ximnasia saudable, ximnasia terapéutica, adestramento funcional, ioga, pilates, zumba, e sesións de ximnasio dirixidas. Unhas actividades que terán como escenario principal o centro cívico da vila. Pola súa banda, a oferta para o público infantil incluirá os habituais cursiños de patinaxe na pista polideportiva do Roxal.
Finalmente, no campo das actividades de benestar retomaranse as propostas de estimulación cognitiva como son os talleres de memoria, que dende hai anos se desenvolven na Casa da Cultura, e o de mentes activas, previsto para a Casilla do Puntal.

Publicacións Relacionadas