Home A Coruña Afal Ferrolterra organiza en Mugardos unha charla formativa dirixida a familiares e...

Afal Ferrolterra organiza en Mugardos unha charla formativa dirixida a familiares e coidadores de enfermos de Alzheimer e outras demencias

- Anuncio -

“A estimulación cognitiva como terapia fronte á deterioración cognitiva”, é o tema da charla que darán
a próxima semana en Mugardos a directora asistencial de Afal Ferrolterra, Nokia Ríos, e o xerente da
entidade, José Otero. A cita será o venres 17 de setembro ás 17.30 horas no local social de maiores
de Mugardos. A actividade está organizada en colaboración coa concellería de Benestar Social
deste municipio e vai dirixida a persoas coidadoras e familiares de enfermos de alzheimer e outras
demencias. Para participar é necesario inscribirse chamando ao teléfono do Concello de Mugardos 981
470 290 (extensión 2049) ou a Afal Ferrolterra, teléfono 981 370 692.

Nesta charla formativa abordaranse as principais características e síntomas da enfermidade de Alzheimer e outras demencias, así como o modo de afrontar a devandita patoloxía. Tamén se informará sobre as diferentes terapias baseadas na estimulación cognitiva que axudan a atrasar a evolución da
enfermidade e melloran a calidade de vida das persoas afectadas. Por último, explicarase en que consisten os talleres de estimulación que Afal, coa colaboración do Concello, prevé poñer en marcha en Mugardos.

Estes talleres estarán dirixidos a veciños e veciñas afectados de Alzheimer e outras demencias
en fase inicial ou moderada e neles levarán a cabo diferentes terapias para activar, estimular e adestrar
as distintas capacidades e funcións cognitivas das persoas enfermas (percepción, atención,
razoamento, memoria, linguaxe, orientación, etc).

AFAL FERROLTERRA
Afal Ferrolterra é unha organización sen fins lucrativos que xestiona dous Centros de Día Terapéuticos e outros recursos especializados para enfermos de alzhéimer e outras demencias. Na actualidade atende
directamente a máis de 200 persoas afectadas pola enfermidade e dá apoio ás súas familias e coidadores.

Os obxectivos da entidade son: mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzhéimer ou outras demencias e das súas familias; sensibilizar á sociedade e aos profesionais sanitarios acerca da dimensión e impacto socio-familiar da enfermidade de alzhéimer; e promover recursos sociosanitarios que favorezan a autonomía persoal e funcional do enfermo e a súa familia.

Relacionadas

Homenaxe en San Sadurniño á subcampioa de europa de surf SUB-10, Candela Pérez Dopico

0
Hoxe, xusto antes do empezo do partido de volei da SM2, rendéuselle á surfista Candela Pérez Dopico a homenaxe que tiñamos pendente desde decembro,...

Rescatada na súa vivenda unha persoa de avanzada idade na Pobra do Caramiñal

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira participaron esta tarde na asistencia e rescate dunha persoa de avanzada idade no seu fogar na Pobra...

A Xunta reforza a colaboración co concello de Ferrol para seguir impulsando a xeración...

0
— Na xuntanza abordáronse posibles vías de cooperación institucional para potenciar as oportunidades laborais no municipio e fortalecer o tecido comercial ferrolán, un sector...

Dúas persoas feridas tras un accidente de tráfico na Avenida de Ferrol, no concello...

0
Os bombeiros do parque provincial de Ribeira acudiron na madrugada deste sábado a un accidente de tráfico entre un coche e unha moto na...

O Concello organiza visitas guiadas á exposición ‘O  legado de José Ramón’, en María...

0
Estarán dirixidas pola comisaria e filla do artista, Ana Iglesias, e incluirán  unha visita ao Salón de Sesións  O Concello organiza durante estes meses de...

En marcha os traballos de mellora previstos na estrada dos Fortes, onde se reforzarán...

0
Sobreelevaranse os pasos peonís ao longo da vía, crearase unha pequena zona de lecer nas inmediacións do pavillón de Cocheiras e tamén se aumentarán...

Publicacións Relacionadas