HomeA CoruñaAgadea celebra o seu décimo quinto aniversario coidando e acompañando ás familias...

Agadea celebra o seu décimo quinto aniversario coidando e acompañando ás familias de Ribeira

- Anuncio -spot_img

 Representantes municipais participaron no acto

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou hoxe no acto co que a Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer (Agadea) celebrou o seu décimo quinto aniversario de apertura do centro de día no municipio.

Durante a súa intervención, a rexedora felicitou á asociación polos seus quince anos “estando a carón das persoas con dependencia, coidándoas, acompañándoas, igual ca ás súas familias. Agardo que percorramos esta senda durante moitos anos máis, seguindo aportando vivencias, coñecemento e experiencias á traxectoria de Agadea e tamén á cidadanía de Ribeira.” A isto engadiu que “o voso traballo non se limita no interior do centro, é un traballo que sae á rúa, que busca que os nosos maiores sigan formando parte activa da sociedade” e referiuse á colaboración entre as administracións para seguir dotando de recursos en materia de dependencia, coa finalidade de mellorar a calidade de vida. Nun acto ao que tamén asistiron o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo; a subdirectora xeral de Envellecemento Activo e Innovación Sociosanitaria, Eloína Núñez; o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño; e a edil de Igualdade, Ana Barreiro; houbo momentos para falar, lembrar e festexar.

Ademais, repartíronse quince agasallos nunha tómbola e proxectouse un vídeo repasando en imaxes a historia do centro a través dos seus usuarios e traballadoras, para despois dar paso á música co talento das Garridiñas de Castiñeiras, da Asociación Amas de Casa.

Publicacións Relacionadas