Esta acción enmárcase nas actividades ocupacionais terapéuticas da entidade
Persoas usuarias de Agadea fixeron entrega nesta semana á biblioteca municipal duns marcapáxinas realizados por eles mesmos ao abeiro das actividades ocupacionais terapéuticas con motivo do Día Internacional do Libro, que se conmemorou no 23 de abril.
Os marcapáxinas artesanais seguen diferentes estilos -algúns con flores, outros con monumentos de cada parroquia do municipio ou arredor da lectura- e permanecen dispoñibles na entrada da propia biblioteca municipal para quen desexe facerse co seu.

