Home A Coruña Aitor Bouza celebra a continuidade de Pedro Sánchez á fronte do goberno...

Aitor Bouza celebra a continuidade de Pedro Sánchez á fronte do goberno de España: “hoxe gaña a democracia”

- Anuncio -

“Queda claro que as mensaxes de odio, as calumnias e os bulos da dereita e da ultradereita non van poder continuar” afirma o Secretario Xeral dos socialistas en Compostela que pon en valor o compromiso de Sánchez con Santiago

Bouza fai un chamamento “a todas as persoas que consideran que se pode cambiar o mundo a través da política” a afiliarse e sumarse ao proxecto do PSdeG na cidade

Foi pouco despois das 11 da mañá cando o presidente do goberno, Pedro Sánchez, confirmaba a súa continuidade no cargo “con máis forza se cabe”. “Hoxe gaña a democracia” asegurou o secretario xeral dos socialistas en Santiago despois de coñecer a decisión Sánchez coa que, asegura, “confírmase que as políticas de progreso no noso país van continuar” e tamén van a seguir adiante os proxectos pendentes do Estado en Compostela gracias, insiste, “ao compromiso de Pedro Sánchez coa nosa terra”.

Un anuncio que chega logo dun fin de semana de mobilizacións multitudinarias en toda España, e tamén en Compostela, onde o sábado se concentraba máis de un centenar de persoas ás portas da Casa do Pobo en mostra de apoio a Sánchez e en defensa da democracia. Un apoio que o propio Aitor Bouza agradece, convencido de que a decisión de Sánchez vai máis aló dunha boa nova para o PSOE, senón que é un día histórico “para España, Galicia e Santiago”.

“Queda claro que todas as mensaxes de odio, as calumnias e os bulos da dereita e da ultradereita non van poder continuar porque nos terán enfronte” asegura Bouza que interpreta o clamor social de estes días como unha mensaxe “alta e clara” de “todos os demócratas” que “non imos permitir os ataques persoais dentro da política”.

Chamamento ás persoas que consideran “que se pode cambiar o mundo a través da política”

Aitor Bouza que destacaba este luns como un día “de celebración” e ledicia no socialismo compostelán, animou ás persoas que se mobilizaron nos últimos días a dar o paso e “sumarse ao proxecto do Partido Socialista e de Pedro Sánchez” afiliándose no PSdeG en Santiago. Apela Bouza directamente a todas as persoas que “consideran que poden cambiar o mundo a través da política” e “non queren entrar nese lodazalque fixo o Partido Popular”.

Con vistas ao futuro, Bouza destaca o papel do PSOE como “partido clave para este país e para Compostela”: “e o seguirá sendo en Galicia” recalca, poñendo en valor o “gran peso que ten Compostela na nova executiva liderada por José Ramón Gómez Besteiro”.

Relacionadas

A poeta Yolanda Castaño participará este mércores nun encontro literario en San Sadurniño co...

0
Casa da Cultura, 11:00h Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta, tradutora, violinista..., na figura de Luísa Villalta (1957-2004) couberon todas estas disciplinas, enfiadas pola musicalidade da súa...

Retirada dun poste de telefonía que presentaba risco de caída na aldea de Pesqueira,...

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados ás 10:35 horas desta mañá de que un poste de telefonía presentaba risco de...

Mila Castro reclama un “arranxo integral” da Praza de San RoqueInicio Actualidad Mila Castro...

0
Recalca o “estado lamentable” no que se atopa a praciña sita ao carón da rúa do Hospitaliño “con losetas levantadas e a fonte abandonada” A...

Laxe celebra o Día da Familia cun concurso de fotografía para coñecer os espazos...

0
• Os orixinais poderán presentarse desde o mércores 15 de maio ata o vindeiro 22 deste mes • As votacións faranse entre o 25 e...

As obras de mellora da estrada de Caión entre O Outeiro e a DP-1913...

0
O proxecto suporá un investimento superior aos 63.000 euros. O alcalde José Manuel López Varela, xunto ao concelleiro de Obras Públicas, Pablo Cambón, e o...

Neda promove obradoiros sobre resolución de conflitos para o alumnado dos centros educativos

0
Decidiron sumarse ao programa o instituto e o CEIP de Maciñeira O CEIP de Maciñeira e o IES Fernando Esquío serán nestas últimas semanas de...

Publicacións Relacionadas