Home A Coruña Aitor Bouza fai unha valoración positiva dos resultados das europeas en Santiago:...

Aitor Bouza fai unha valoración positiva dos resultados das europeas en Santiago: “o Partido Socialista é a referencia da esquerda na nosa cidade”

- Anuncio -

Amósase satisfeito por ter subido sete puntos respecto as eleccións ao Parlamento Europeo de 2014, “as últimas que se celebraron nun contexto similar a este”

“O Partido Socialista aguantou, resistiu e venceu a todos eses agoreiros da dereita e ultradereita”

Valoración positiva dos resultados obtidos polo PSdeG en Santiago nas eleccións ao Parlamento Europeo de este domingo. O seu secretario xeral, Aitor Bouza, asegura que este resultado coloca ao PSOE como a “referencia da esquerda e dos partidos progresistas” en Santiago, sendo a segunda candidatura con máis apoios.

Así, lembra que respecto as eleccións do 2014, o PSOE “recupera e sube” sete puntos comparativamente. Precisamente, bota man de estes resultados por ser as últimas eleccións europeas “que se celebraron nun contexto similar” ás de esta fin de semana, toda vez que as de 2019 coincidiron coas eleccións locais.

En todo caso, Bouza recoñece que “temos moito que traballar” pero asegura que o resultado de este domingo “insufla moitísimas ganas de seguir nesta liña de traballo constante”, fixándose como obxectivo “que volvamos ser o partido de referencia na nosa cidade en todas as eleccións nas que nos presentemos”.

“O PSOE aguantou, resistiu e venceu”

En clave nacional, o secretario xeral dos socialistas en Santiago referiuse ao resultado do Partido Popular como un “fracaso no que respecta ás súas expectativas. Asegura que, pese aos intentos de Núñez Feijóo “abalado polo señor Rueda en Galicia” de presentar estas eleccións como “un plebiscito ao goberno de España e Pedro Sánchez”, as súas expectativas “non foron colmadas”: “o Partido Socialista aguantou, resistiu e venceu a todos eses agoreiros da dereita e ultradereita”.

Relacionadas

Saída de vía con dous vehículos involucrados na AG-11, en Boiro

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro atenderon esta tarde unha saída de vía na AG-11 en sentido Padrón, á altura do quilómetro 23. Dous...

A Banda Municipal de Música da Coruña bateu o seu récord de espectadores e...

0
A formación municipal programou o ano pasado un total de 47 espectáculos, cunha asistencia total de 45.500 espectadores A Banda Municipal de Música da Coruña...

Miño amplía o servizo de Xantar na Casa de 10 a 15 persoas beneficiadas

0
O renovado convenio de colaboración co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asegura a continuidade do programa ata 2028. O Concello de Miño...

Protección Civil de Bergondo pecha 2024 con máis dun milleiro de actuacións

0
· O 40% das intervencións eran de emerxencia e risco. A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Bergondo acaba de presentar o balance...

Extinguido un lume nun cadro eléctrico nas Salgueiras, Concello de Coristanco

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo acudiron As Salgueiras, parroquia de Seavia no concello de Coristanco por un aviso dun incendio dun cadro...

Éxito de público na apertura do novo supermercado de Donaya Market Ramen na Grela,...

0
● Con máis de 400 metros cadrados, este establecemento é o supermercado asiático máis grande da Coruña. ● Ofrécense produtos, frescos, refrixerados, conxelados e envasados...

Publicacións Relacionadas