HomeA CoruñaAlfonso Rueda aborda co alcalde de Lousame posibles melloras viarias na localidade

Alfonso Rueda aborda co alcalde de Lousame posibles melloras viarias na localidade

- Anuncio -spot_img

O presidente da Xunta de Galicia. Alfonso Rueda, e o alcalde do concello de Lousame, Esteban Ares, mantiveron esta semana unha xuntanza na que se abordaron diversas actuacións de mellora viaria na localidade.

Durante o encontro avaliáronse diferentes intervencións en vías e estradas do municipio coa finalidade de garantir as mellores condicións para o tráfico rodado e para os viandantes. Neste sentido, a Xunta executou no últimos anos diferentes actuacións dirixidas á mellora viaria en Lousame como a mellora do firme e ensanche da AC-308 ou o reforzo do firme no vial de Portobravo a Tállara dende a DP-1104 ata a DP-1105.

Colaboración da Xunta

Esteban Ares agradeceu o compromiso do presidente e da Xunta de Galicia en xeral co Concello de Lousame, como demostran as distintas actuacións realizadas nos últimos anos e investimentos tan importantes como a construción da depuradora que dotará de saneamento a 382 veciños e veciñas de cinco aldeas do municipio, actualmente en execución por un importe de máis de 950.000 euros.

“Ademais de avaliar distintas actuacións nas estradas autonómicas ao seu paso por Lousame, aproveitei para presentarlle outras actuacións nas que levamos tempo traballando dende o Concello como son a creación dun polígono empresarial en Lousame e a humanización da praza Teodomiro Hidalgo e a súa contorna, pois é un lugar onde conflúen moitos servizos para a veciñanza como son a Casa do Concello, o Centro de Saúde, o tanatorio, a farmacia, a Casa da Cultura ou o Centro de Día”, sinala Ares García.

Publicacións Relacionadas