Home A Coruña Alfonso Rueda visita o GES de Brión, onde asistiu á presentación oficial...

Alfonso Rueda visita o GES de Brión, onde asistiu á presentación oficial da nova autoescada comprada polo Concello

- Anuncio -

O vicepresidente primeiro da Xunta destacou a necesidade da colaboración entre as administracións no ámbito das emerxencias para ofrecer unha mellor atención aos cidadáns

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe en Brión o apoio da Xunta ao funcionamento dos 29 Grupos de Emerxencias Supramunipais (GES) e os 4 servizos municipais de emerxencias da comunidade, cunha achega este ano de 4,8 millóns de euros, o que supón a metade do seu custo total anual. Así o destacou na súa visita aos efectivos do GES de Brión, do que o Goberno galego financia tamén a metade do seu custo con 280.000 euros anuais.

Unha visita na que estivo acompañado polo alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e no que asistiron á presentación oficial da nova autoescada comprada polo Concello brionés para o GES. “Un vehículo que polas súas características e equipamento, vai marcar un antes e un despois nas intervencións do Grupo de Emerxencias Supramunicipal”, destacou Lago Sanmartín, pois “está especialmente preparado para actuacións en altura, equiparable ao existente en calquera parque de Bombeiros. Isto suporá un aumento da seguridade dos nosos veciños, pois agora poderemos actuar en calquera emerxencia que se produza nun edificio da contorna. Ademais, esta nova auto-escada suporá tamén unha maior seguridade nas condicións de traballo dos nosos técnicos”.

O alcalde brionés agradeceu publicamente o compromiso do vicepresidente da Xunta con Brión, “que se traducirá na incorporación dun novo equipo de excarceración para o GES e dun novo coche para a nosa Policía Local”. Ademais, o vicepresidente tivo ocasión de ver sobre o terreo a necesidade de ampliar as actuais instalacións do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Brión.

Financiamento dos GES

O Goberno galego incrementou en 300.000 euros o financiamento destes grupos debido á incorporación dos novos creados o ano pasado no marco da Comisión de Seguimento dos GES da que forman parte a Xunta, as deputacións e a Federación Galega de Municipios e Provincias. Trátase 5 novos GES -2 na provincia de Ourense con sedes en A Veiga e Maceda e 3 na de Pontevedra con bases en A Lama, A Cañiza e Mos/Redondela, este último cunha subsede en cada un dos dous municipios- xunto co servizo municipal de Noia.

Alfonso Rueda explicou que estes novos grupos axudarán a completar o mapa de emerxencias da comunidade garantindo unha cobertura en todo o territorio. Nesta liña, coa decisión de mellorar o servizo municipal de Noia -explicou-, non só se melloran os tempos de resposta nos concellos que pasa a atender -Noia, Porto do Son e Lousame- senón que se conseguen os mesmos obxectivos para o GES Santiago-A Barcala con sede en Brión ao liberalo de carga de traballo. De feito, ata agora o concello noiés estaba cuberto por este GES de Brión, que verá reducida o seu radio de cobertura, tendo en conta que abarca unha poboación atendida por riba da media.

O vicepresidente primeiro da Xunta reafirmou o compromiso da Xunta para continuar a apoiar aos servizos de emerxencia da comunidade coa dotación de equipamento, como se demostra cos máis de 20 millóns de euros cedidos nos últimos anos aos concellos en material para os GES e as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). O Goberno galego tamén colabora na formación dos efectivos de emerxencias na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) para contar –asegurou- con profesionais ben equipados e preparados. Ademais, apelou á colaboración cos concellos e deputacións co obxectivo de traballar xuntos por unha Galicia máis segura e garantir unha actuación máis áxil e eficiente nas intervención de emerxencias.

Na súa visita, incidiu en que os GES son precisamente un exemplo de cooperación entre administración nun ámbito tan importante como as emerxencias. A colaboración da Xunta co concello de Brión inclúe outras actuacións en infraestruturas municipais e melloras ambientais que supuxeron nos últimos anos un investimento de máis de 1,1 millóns de euros. Así, resaltou o apoio do Goberno galego a iniciativas dos concellos que permitan mellorar a calidade de vida dos seus veciños e puxo tamén como exemplo de colaboración entre os propios municipios para reducir custos á Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza, da que forma parte Brión. A Xunta financiou parte do seus gastos funcionamentos e o equipamento necesario para o complexo medioambiental da Serra do Barbanza, desinado á xestión integral dos residuos dos concellos mancomunidade que comparten este servizo.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas