Home A Coruña Algo máis de 300 deportistas participarán este domingo no XXIII Trofeo de...

Algo máis de 300 deportistas participarán este domingo no XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón

- Anuncio -

O pavillón municipal da Gándara acollerá este domingo o XXIII Trofeo de Baile Deportivo Cidade de Narón, no que participarán algo máis de 300 deportistas procedentes de clubs de varias comunidades. O edil de Deportes, Ibán Santalla, recordou que a proba se desenvolverá dende as 10:00 ata as 20:00 horas e que será puntuable para o ranking nacional.

O trofeo disputarase nas modalidades standard, latino, singles, caribeños e danza coreográfica. Na mesma xornada e ubicación, terá lugar o Campionato galego de standard, outra recoñecida competición deportiva na que tamén se poderá desfrutar de deportistas cun gran nivel.

No transcurso do acto, segundo avanzou Santalla, procederase a realizar un recoñecemento oficial aos equipos Narón Kids, do Club de Baile Deportivo Narón, que a pasada fin de semana se alzou co título de Campión do mundo na categoría absoluta en Cambrils, e Revolution UPA, da academia naronesa Un Paso Adelante, que nesa mesma convocatoria gañou o campionato do mundo na categoría youth.

O edil de Deportes animou á cidadanía a desprazarse ata o pavillón municipal da Gándara ao longo da xornada do domingo para desfrutar do baile deportivo ao máximo nivel e animar aos deportistas que participarán, desexándolles sorte a todos e, especialmente, aos locais.

Relacionadas

Tres citas en San Sadurniño con motivo das Letras Galegas

0
A poeta Yolanda Castaño participará o mércores nun encontro literario arredor da figura de Luísa Villalta, protagonista do 17 de Maio Poeta, narradora, dramaturga, ensaísta,...

O Concello da Pobra emite informe desfavorable á declaración de interese autonómico para o...

0
A solicitude de declaración de interese autonómica para o proxecto de ampliación de Escurís S.L. formulada pola corporación Jealsa tradúcese nun informe desfavorable por...

O alcalde e a deputada provincial de infraestructuras viarias analizan na Laracha as actuacións...

0
O rexedor trasladoulle a plena disposición de colaborar entre administracións para beneficio xeral da cidadanía. A deputada provincial responsable das áreas de Infraestruturas Viarias e...

O concello festexará as Letras Galegas con unha ampla programación municipal

0
Tamén haberá espectáculos infantís e protagonismo para as clausuras de cursos do programa cultural municipal. O Concello presenta a programación municipal que se vai realizar...

O venres ábrese a inscrición para participar en “Xogade coas motos” O 25 de...

0
A actividade é organizada por VFM Motoclub co apoio do Concello, a Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Motociclismo. Este venres...

O concerto “Los 40 Santiago Pop” e a orquestra Panorama abren as Festas da...

0
As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00...

Publicacións Relacionadas