O Secretario alerta nun informe interno a situación resulta“insostible” despois de que o goberno municipal non tomara medidas para o reforzo de persoal.
Non se están a reforzar nin as baixas laborales nin as xubilacións, o que impide un correcto funcionamento da área de Secretaría, da que depende tamén rexistro, padrón municipal, arquivo, atención cidadá e informática.
No seu informe o Secretario denuncia que o departamento traballa nunha “improvisación permanente” que impide un servizo normalizado para a veciñanza e, incluso, o peche do servizo de atención teléfonica que inicio en xuño. A previsión para este decembro é nefasta porque as vacacións do persoal obrigaran a pechar tamén unha das oficinas de rexistro.
Situacións similares afectan tamén a outras áreas de relevancia para o desenvolvemento municipal, como intervención e urbanismo, perxudicando o avance de diferentes expedientes, contratos, licitacións, PXOM, etc.
Alternativa critica esta situación de colapso e esixe medidas urxentes por parte do goberno municipal.



