Home A Coruña Alternativa apoia en Culleredo a nais e pais do conservatorio que reclaman...

Alternativa apoia en Culleredo a nais e pais do conservatorio que reclaman calefacción e mantemento do edificio

- Anuncio -

A situación do Conservatorio de Profesional de Música de Culleredo motivou que os concelleiros de Alternativa estean traballando en diversas frontes para darlles saída ás demandas da ANPA do centro, que alerta sobre o estado do edificio, que presenta goteiras e falta de calefacción.

“Estudar música nesas condicións de precariedade faise difícil, polo que as nais e pais piden que se realicen os labores de mantemento necesarios para corrixir as graves deficiencias que presenta a instalación”, declarou recentemente Thais Palla.

Tamén se pide desde Alternativa que a Xunta coopere na financiación do mantemento para que non supoña unha carga unicamente municipal.

Segundo denuncian nais e pais, as fugas de auga son constantes “e non se poden paliar coa colocación estratéxica de cubos e cartóns polos corredores e nas aulas, o que implica un risco elevado de escorregamentos e caídas ao mesmo nivel”. O tellado acumula auga co perigo de desprendemento dos paneis superiores do teito, o que implica riscos para as persoas.

Ademais, cada vez aparecen máis fendas nos teitos e paredes, as fiestras filtran auga e hai que colocar cartóns para evitalo, os problemas de humidade son constantes e a humidade e filtracións de auga sumadas á falla de calefacción “fan que o ambiente nas aulas e corredores sexa inseguro e insalubre para o alumnado e o profesorado, a maiores de poder constituír dificultades de concentración e rendemento”.

Relacionadas

O Concello e a Federación Española de Baile Deportivo celebrarán en maio o primeiro...

0
O Concello de Narón e a Federación Española de Baile Deportivo, en colaboración co Club de Baile Deportivo Narón, volven unir forzas para traer...

Ortigueira pon en marcha a Escola de Familias

0
Esta iniciativa busca integrar a pais e nais na educación dos seus fillos en temas sensibles como o acoso, as redes sociais ou a...

A Orquestra Sinfónica de Galicia participará na nova edición do festival Musika-Música de Bilbao,...

0
O festival terá lugar entre os días 7 e 9 de marzo. A OSG terá á fronte o director estadounidense Andrew Litton A Orquestra Sinfónica...

As Somozas aproba os investimentos do Plan de Obras e Servizo da Deputación por...

0
• A achega provincial destinarase para mellorar accesos e a seguridade viaria en varios puntos do municipio, así como tamén optimizar a rede de...

Nereida Canosa pon en valor a colaboración público-privada para fomentar a inserción laboral de...

0
A concelleira de Benestar Social participou esta tarde na entrega de premios do programa Empréganos 2025, organizado por FEAFES Galicia nas instalacións do Centro...

O concello presenta á Á Xunta un novo programa de acción voluntaria 

0
Iría dirixido a mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada hoxe acordouse...

Publicacións Relacionadas