Home A Coruña Alternativa de Arteixo celebrará o sábado 17 de setembro unha manifestación contra...

Alternativa de Arteixo celebrará o sábado 17 de setembro unha manifestación contra os proxectos eólicos

- Anuncio -

Alternativa dos Veciños de Arteixo celebrará o sábado 17 de setembro unha manifestación contra os proxectos eólicos en tramitación e que afectan o municipio de Arteixo, para demandarlle a Xunta de Galicia a súa paralización e anulación.

Alternativa dos veciños de Arteixo continua levando a cabo iniciativas, informando aos afectados e mobilizando á cidadanía para tratar de paralizar os proxectos eólicos que prexudicarían gravemente ao municipio arteixán.

O sábado dia 17 de setembro celebrarase unha manifestación, na que se levará a cabo un percorrido, con saída ás 12:00 horas da Rotonda de Sabón ata chegar a casa do Concello de Arteixo.

“De levarse a cabo os proxectos en tramitación, o municipio de Arteixo quedaría gravemente afectado; prexudicando gravemente o medio ambiente natural do municipio, deixando a numerosas vivendas expostas a radiacións, hipotecando centos de parcelas atravesadas e, tamén seria o golpe definitivo aos núcleos de poboación que están illados e completamente esquecidos polo concello” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Como mostra dalgúns dos prexuízos que poderían ocasionar estes proxectos eólicos, temos as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol e Mar na parroquia de Oseiro. Nesta urbanización son máis de 1400 persoas as que teñen que convivir cos efectos provocados polas radiacións que emiten as liñas de alta tensión.
Moitas destas persoas padecen enfermidades que con case toda seguridade están relacionadas cunha exposición continua a campos electromagnéticos” matiza Noelia Martínez.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas