HomeA CoruñaAlternativa de Cambre logra a eliminación de publicidade partidista nos medios municipais

Alternativa de Cambre logra a eliminación de publicidade partidista nos medios municipais

- Anuncio -spot_img

Alternativa solicitou a retirada da publicación dos medios públicos municipais sobre as peticións veciñais entregadas a AENA pola Alcaldesa e o tenente Alcalde, despois de que o Partido Popular reoñecese en Comisións Informativas que se tratou dun acto propio do grupo Partido Popular.

A formación considera inapropiado o uso dos medios municipais para a difusión de accións vinculadas a un partido político, especialmente neste caso, que non se fixo un chamamento informativo para toda á poboación a través dos medios municipais.

“O goberno Local non está a ofrecer información clara nin sobre o estado das alegacións presentadas en 2020 nin sobre as novas peticións rexistradas” sinala Raúl Varela, voceiro do grupo, “ É necesaria transparencia e comuniciación veraz” .

Alternativa lembra que en 2020 impulsou medidas de apoio á cidadanía para presentar as súas alegacións e instou tamén ao goberno local, naquel momento, a facilitar os trámites pertinentes e información sobre o proceso.

Publicacións Relacionadas