Free Porn
xbporn
Home A Coruña Alternativa denuncia a falta total de inversións da Xunta en Bergondo

Alternativa denuncia a falta total de inversións da Xunta en Bergondo

- Anuncio -

Os veciños de Bergondo poden comprobar con suma facilidade como a Xunta do PP inviste cuantiosas sumas de diñeiro en beirarrúas e asfaltados de estradas autonómicas noutros concellos afíns politicamente mentres esquece a Bergondo

Son varias as solicitudes efectuadas e reiteradas dende o concello nos últimos anos, mesmo a través de acordos plenarios, sen que se teñan en conta nin se planifique nin unha sóa obra en Bergondo por parte da administración galega.

Dende Alternativa dos veciños de Bergondo queremos manifestar o noso profundo malestar co goberno galego, que se supón de todos e cada un dos 313 municipios que constitúen o noso país. Resulta desalentador comprobar como no entorno da nosa comarca a Xunta financia importantes obras de construción de beirarrúas a carón de estradas autonómicas mentres no noso municipio non crea nin un so metro en ningunha das súas vías. Vías na meirande parte con volumes de tráfico de todo tipo (turismos, camións, ciclistas…) moi superiores aos de outras existentes noutros concellos, nos cales, pola contra, non escatiman recursos. Tampouco escatima a Xunta diñeiro en asfaltados de estradas da súa titularidade noutros lugares, mentres en Bergondo non pavimenta nin un metro.

En canto a beirarrúas; é o concello de Bergondo quen está levando a cabo obras deste tipo a carón de vías autonómicas. Exemplo recente é o tramo creado hai pouco en Pedras Brancas (estrada AC214). Proximamente crearanse dous tramos novos a carón da AC164 en San Cidre e a carón do polígono. O caso da AC164 é un claro exemplo de discriminación do noso concello con respecto a outros municipios “amigos”. Mentres nesoutros concellos se crean sendas e beirarrúas en tramos de vías con pouco tráfico, por contra, nesta estrada de enorme volume de tráfico, a Xunta non atende as nosas reiteradas peticións, que pasan por crear un paso seguro para viandantes e ciclistas no tramo comprendido entre a casa consistorial e o polígono.

En canto a pavimentación de estradas autonómicas; a Xunta de Galicia desoe con insistencia as reiteradas peticións do noso concello para que arranxe a deteriorada (cada vez máis) entrada AC161 (Bergondo-Betanzos). Estrada que tamén soporta o paso dun importante número de vehículos a diario.

Por si todo o anterior fose pouco aínda hai que soportar o atrevemento do PP local no pasado pleno, onde se atreveu con un descaro inaudito a cuestionar a idoneidade ou non idoneidade dos acabados que elixiu o concello para a beirarrúa que se construirá proximamente con fondos municipais no entorno da rotonda dos Condes. O descaro amosado pola sucursal bergondesa do PP resulta cando menos sorprendente. Aínda así, e tal e como lles manifestamos no pleno da semana pasada, gustaríanos que colaborasen co Bergondo ao que eles tamén afirman representar e tivesen a ben reclamarlle ao presidente ou á nova concelleira as obras que Bergondo precisa e reclama, no canto de manifestar continuamente a mesma compracencia covarde con todo aquilo que teña que ver coa Xunta do PP.

En definitiva, Bergondo e Alternativa dos Veciños de Bergondo reclamamos á Xunta de Galicia que reconsidere e cambie radicalmente a súa política de investimentos con respecto ao noso concello. En palabras do noso voceiro municipal e concelleiro de infraestructuras, Juan Fariña: “Parafraseando ao presidente Rueda, quen insistía machaconamente nunha mesma idea en pasadas campañas electorais, non queremos (Galicia) ser máis que os demais pero tampouco aceptaremos ser menos que ninguén. Pois en Bergondo tampouco imos aceptar ser menos que ninguén, Sr. Rueda”.

Relacionadas

Este venres, noite de morcegos en San Sadurniño

0
A Asociación Morcegos de Galicia é un colectivo comprometido co labor divulgativo e a conservación destes pequenos mamíferos voadores tan importantes para o ecosistema....

Medio cento de deportistas de primeiro nivel participan esta fin de semana no Campionato...

0
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación completa da competición, que contará tamén con zona gastronómica, concertos, charlas e área comercial A alcaldesa da Coruña,...

Neda prepara para o 26 de outubro unha nova edición da exitosa “Senda das...

0
O Concello abrirá a próxima semana a inscrición no itinerario de samaín, no que terán prioridade os veciños e as veciñas do municipio Neda última...

O Concello de Boqueixón inviste case 40.000 € nunha nova rozadora con cargo ao...

0
O Concello de Boqueixón vén de incrementar o seu parque municipal de maquinaria coa incorporación dunha nova rozadora lateral, valorada en 39.325 euros. Uns...

A alcaldesa da Coruña recibe a Joan Ibáñez Ferrer, próximo director do aeroporto de...

0
Xunto con Jesús Campo Hortas, director ata o 1 de novembro, puxeron en común os retos e plans de futuro para o aeródromo coruñés A...

Volven as andainas ‘A Coruña das letras’ este outono co músico e escritor Xurxo...

0
Realizaranse tres rutas guiadas por Monelos, San Roque de Fóra e Labañou e a agra e o cemiterio de Santo Amaro O Concello da Coruña...

Publicacións Relacionadas