O grupo de Alternativa dos Veciños de Carral critica con firmeza o incumprimento das bases do programa de escolas deportivas e educativas municipais do actual curso 2025-2026.
As bases establecen que o pasado 17 de setembro deberían estar publicadas as listaxes definitivas, pero a día de hoxe a veciñanza segue sen ter acceso a esa información.
A veciñanza, a dia de hoxe, non ten a información sobre a adxudicación definitiva das prazas na data establecida, e tampouco consta ningunha modificación oficial das bases aprobadas para o curso 2025-2026.
Dende Alternativa de Carral insístese en que o goberno municipal debe garantir o respecto as normas establecidas en bases públicas e oficiais. E esixe a publicación inmediata das listaxes definitivas.