HomeA CoruñaAlternativa denuncia os retrasos no Plan Provincial

Alternativa denuncia os retrasos no Plan Provincial

- Anuncio -spot_img

O goberno golpista de Carral terá que volver presentar proxectos viables para incluír no Plan Provincial da Deputación. (POS+)

Antes do pleno de censura de Javier Gestal – o 10 de Setembro-, obrigouse por parte dos actuais gobernantes a incluír no POS+2025 as obras de Construcción das gradas da Polideportiva de Carral, a pesar de existir un informe técnico negativo.

O informe técnico advertía que as obras non serían posibles, por afectar a un solo , anexo ao pavillón, que tería que ser modificado a través dun Plan urbanístico Municipal co que non conta Carral.

Motivo que levou á que a Deputación Provincial denegara dito proxecto e que, actualmente, se abra un novo prazo ao pleno de Carral para incluír obras que cumpran coas normas da Deputación.

Publicacións Relacionadas