Home A Coruña Alternativa dos Veciños apoia a manifestación pola lingua convocada pola plataforma Queremos...

Alternativa dos Veciños apoia a manifestación pola lingua convocada pola plataforma Queremos Galego!

- Anuncio -

Alternativa dos Veciños apoia a manifestación pola lingua que terá lugar o vindeiro domingo 17 de novembro ás 12:00 horas na Praza da Quintana en Santiago de Compostela.

Tras coñecer os novos datos que poñen en evidencia o estado de emerxencia lingüística do galego con niveis de descoñecemento e emprego inéditos na historia da lingua, Alternativa dos Veciños apoiará a convocatoria da manifestación a favor do noso idioma e da súa normalización prevista para o vindeiro 17 de novembro en Santiago.

Baixo o lema “un idioma galego vivo é a mellor garantía dunha Galiza viva”, desde a plataforma cidadá, formada por máis de 600 entidades; reclamaranse accións a favor do galego en todos os ámbitos para reverter a situación de emerxencia lingüística pola que está a atravesar a lingua de Rosalía de Castro.

A hexemonía do castelán intensificada nos últimos 15 anos co aumento da exclusión do idioma propio de Galiza da oferta no ensino, no lecer infantil e xuvenil, na administración, xustiza, na televisión e audiovisual ou nas actividades comerciais e económicas; xerou un dos peores resultados de usos da lingua propia dos galegos e galegas.

Neste sentido, o compromiso de Alternativa dos Veciños coa lingua, cultura, tradicións e historia propia de Galicia segue máis vixente ca nunca polo que apoiará a manifestación convocada por Queremos galego! onde se solicitarán como medidas urxentes a derrogación do decreto 79/2010 e a aprobación doutro que asegure os máximo niveis de docencia en galego en todas as etapas educativas, así como a inmediata oferta de materiais didácticos para todas as etapas do ensino; asegurar a pleno dereito de uso e atención en galego en todo tipo de servizos, cultura e lecer; recuperar o papel normalizador da TVG (ampliando a oferta para público infantil e xuvenil adaptada), potenciar as artes escénicas e musicais en galego e produción en galego, fortalecer o sistema literario e editorial, fomentar a utilización da lingua galega en actividades deportivas, de tempo libre e extraescolares; e fortalecer e implementar o uso habitual do galego na administración pública (incluíndo servizos privatizados dependentes, disposición da opción en galego en programas informáticos, información, formularios, impresos…) e na atención en todas as súas formas con obrigatoriedade de coñecemento do galego por todos/as os/as traballadores/as públicos/as.

Relacionadas

A rúa Piñeiro quedará cortada ao tráfico durante unha semana para o seu asfaltado

0
Debido ás obras de acondicionamento da rúa Piñeiro en Iñás, para o estendido da nova capa de rodadura, será preciso cortar o tráfico durante...

Inés Rey: “Hoxe damos un novo paso decisivo para o futuro do noso Porto...

0
A alcaldesa interviu no acto de inicio das obras de ampliación do Porto Exterior de Punta Langosteira, financiadas con fondos Next Generation A alcaldesa, Inés...

Últimas entradas dispoñibles para ‘Mulleres que viven soas #MQVS’, este venres no Fórum Metropolitano

0
Paula Carballeira, María da Pontragha e Vero Rilo interpretan a tres bruxas que dende a comedia amosan as historias das mulleres do rural As entradas...

Rueda destaca a conexión ferroviaria do Porto Exterior da Coruña como exemplo do potencial...

0
— Asegura que esta infraestrutura é “moi importante” para o “desenvolvemento económico de toda Galicia” — Valora a aposta que se está facendo nestas instalacións...

O Teatro Colón acollerá a vindeira semana o evento Coruña Comunica Ciencia, con importantes...

0
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou a programación, que complementa os actos da Semana da Ciencia O concelleiro de Cultura e Turismo,...

O Remanso abre novembro con cinco actividades temáticas organizadas a proposta das persoas usuarias

0
A primeira terá lugar este venres 8 de novembro de 20.00 a 21.00 horas, cunha partida especial do popular xogo ‘Cluedo’ Súmanse outras accións como...

Publicacións Relacionadas