O grupo municipal demandará información sobre o estado das instalacións deportivas da parroquia de Sésamo, actualmente nun avanzado estado de abandono.
A formación sinala que o espazo presenta deficiencias significativas no seu mantemento: falta de sinalización nos accesos, presenza de maleza que invade as pistas deportivas, camiños entre as pistas practicamente intransitables, hai material deportivo abandonado e o estado ruinoso das antigas instalacións de vestiarios.
“Resulta lamentable que o patrimonio de Sésamo se atope neste estado e queremos saber que motivou tal abandono”, sinala Thais Palla.