HomeA CoruñaA CoruñaAlternativa lembra á Deputación o seu compromiso para estudar a regulación con...

Alternativa lembra á Deputación o seu compromiso para estudar a regulación con semáforo do túnel de San Paio

- Anuncio -spot_img

Se ben é certo que dende o noso grupo seguimos pensando que a mellor solución para os peóns e ciclistas pasaría por construir un paso por un lateral do actual túnel, a opción anunciada aos veciños por Valentín González Formoso parécenos interesante. Só que hai que estudala, tal e como dixo que faría.

Durante unha visita a San Paio (Guísamo) o pasado 3 de outubro o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, anunciaba a magnífica noticia de que —por fin— Patrimonio da Xunta viña de conceder a autorización para intervir e expropiar os metros de terreo necesarios para anchear a DP810 á altura de “Villa Julia”. Á marxe de tan importante cuestión, auténtico punto de inflexión nunha lamentable situación que xa duraba décadas, os veciños alí congregados e os concelleiros de Alternativa dos Veciños formulámoslle ao presidente a problemática —un tanto opacada pola gravidade do tema principal— que existe co túnel da autoestrada e o perigo que supón para os peóns que teñen que pasar a diario camiñando por el. Lembrámoslle o acordo plenario no que lle pedíamos á Deputación a construción dun paso peonil por un dos laterais do túnel, creando un paso seguro só para peóns ou ciclistas. Sen embargo non parece que esa opción conte co parabén do organismo provincial, debido aos custes asociados dunha obra desas características. Agora ben, a outra opción que quedou aberta nesa xuntanza con veciños foi a de estudar a posibilidade de implantar un paso regulado con semáforo polo devandito túnel, o cal permitiría o paso seguro dos peóns, ao quedar só un carril de circulación e un paso seguro para viandantes ou ciclistas. Con vistas a adoptar esa medida o presidente Formoso comprometeuse a encargar un estudo previo con semaforización provisional para calibrar o efecto da medida no tráfico e as súas posibles repercusións en forma de retencións, se as houbese, calculando os tempos de peche de semáforo máis acaídos. Pois ben, precisamente isto é o que pretendemos lembrarlle ao presidente Formoso; o ofrecemento e compromiso que el mesmo adquiriu diante de veciños e veciñas de San Paio. Ese estudo non require un esforzo especial e pódese levar a cabo sen demora. E insistimos nunha cuestión; a alegría que nos provoca o desbloqueo do tema “Villa Julia” non debe ocultar o tremendo perigo e inseguridade viaria existente no túnel da autoestrada.

Publicacións Relacionadas