HomeA CoruñaAlternativa leva ao pleno melloras na DP0801 (Casal de Babío-Cortiñán)

Alternativa leva ao pleno melloras na DP0801 (Casal de Babío-Cortiñán)

- Anuncio -spot_img

Alternativa presentará no pleno unha moción para instar á Deputación Provincial a estudar e valorar a posibilidade de acometer melloras no treito da estrada DP0801 comprendido entre Casal de Babío e Cortiñán.

Hai anos que se realizaron actuacións nun tramo desta vía, polo que considera necesario dar continuidade a esas intervención co obxectivo de reforzar a seguridade viaria de vehículos e viandantes.

Alternativa sinala que se trata dunha vía de carácter estructurante no municipio, con marxe de actuación para a ampliación da calzada dende a igrexa de Vixoi ata Rois, e desde alí ata Santa Marta de Babío. Ademáis propón, solucións baseadas no aproveitamento de cunetas nos puntos onde as vivendas se atopan moi próximas á estrada.

O grupo confia en contar co apoio do resto de forzas políticas, ao tratarse dunha infraestrutura clave para a vertebración do municipio e a mellora da seguridade da veciñanza.

Publicacións Relacionadas