HomeA CoruñaAlternativa leva os parques infantís ao pleno

Alternativa leva os parques infantís ao pleno

- Anuncio -spot_img

Alternativa está a realizar unha serie de visitas por todos os parques infantís do municipio recollendo as necesidades coa finalidade de elaborar unha proposta para o seu debate no pleno.

O grupo solicitará a realización dun inventario técnico que sirva de base para a realización dun plan de auditoría e renovación integral das instalacións, co obxectivo de que cumpran cos estándares actuais de inclusión, seguridade e accesibilidade.

A chegada do bo tempo fai especialmente necesario que os principais espazos, fundamentais para o xogo e a socialización nos barrios, se atopen no mellor estado e respondan ás necesidades actuais das familias de Culleredo.
A realidade é que unha parte importante destas áreas supera os 10 anos de antigüidade, presentando síntomas de obsolescencia polo paso do tempo e falta de mantemento continuados. Tamén existe un desequilibrio entre unhas zonas e outras do municipio segundo a súa localización. D
O grupo considera necesario planificar unha revisión global dos parques para garantir instalacións mási seguras, accesibles e adaptadas á realidade actual.

Publicacións Relacionadas