Tras o novo episodio de inundacións na DP-2106, ao seu paso por San vicente de Vigo, e despois das reiteradas demandas de Alternativa dos Veciños Carral, o persoal técnico da Deputación de A Coruña desplazouse á zona para avaliar a situación.
A inspección confirmou parte do que Alternativa e veciñanza viñan denunciando: mal estado das cunetas e canalizacións, así como o obstrucción dos sumidoiros pola acumulación de terra, maleza e pedras, factores que agravan os problemas de drenaxe da vía.
Durante a visita, o persoal da Deputación comprometéronse a executar con caracter urxente a limpeza das cunetas e canalizacións. Ademáis, avanzaron novamente que se realizará unha valoración técnica para estudar as actuacións estruturais de acondicionamento e seguridade que eviten que a situación se repita.
Alternativa valora positivamente a rápida resposta por parte da Deputación e anuncia que fará seguimento da situación e de que os compromisos adquiridos se cumpran.



