Home A Coruña Alternativa pregúntase cando vai poñerse a traballar o novo concelleiro de deportes

Alternativa pregúntase cando vai poñerse a traballar o novo concelleiro de deportes

- Anuncio -

Resulta incrible que as licitacións de obras importantes coma o mantemento do céspede artificial do campo de fútbol “As Mariñas-Andrés Pena” estean sen resolver despois de máis dun mes de goberno tránsfuga.

Non hai desculpa posible. En materia de deportes pasáronse o relevo de unha a outro, mais esta importante actuación para o mantemento do principal campo de fútbol do Concello de Sada segue sen resolverse a pesar de que data do pasado 7 de outubro sendo concelleira de deportes a actual alcaldesa tránsfuga.

Trátase dunha acometida que inclúe un mantemento preventivo e correctivo onde se recollía, entre outras cousas, o descompactamento e aireado do terreo, o cepillado e distribución uniforme do material de recheo, a limpeza da superficie, o control dos niveis do recheo e de material elástico, así como reposición periódica dos materiais, a limpeza de canais da rede de drenaxe, e a revisión de todos os compoñentes do equipamento.

Desde Alternativa esperamos que o novo concelleiro de deportes comece a aportar solucións ós graves problemas de infraestruturas que están pendentes no Concello de Sada antes de que remate a actual lexislatura porque o pobo de Sada non pode seguir privado por máis tempo das súas esenciais estruturas deportivas coma a piscina municipal, a pista de patinaxe, ou o campo de fútbol das Mariñas-Andrés Pena.

Relacionadas

O Concello amplía a celebración dos Mercados Sostibles a nove barrios da Coruña

0
Dende o próximo mes de maio os mercados rotarán por máis localizacións, engadindo Praza de Vigo, Paseo das Pontes e a Praza de Pablo...

O Concello convoca os premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2024 rendendo homenaxe...

0
O prazo de presentación de traballos nas oito modalidades remata o 3 de xuño O Concello da Coruña convoca os premios Prismas Casa das Ciencias...

Os concellos da Barbanza únense para defender o abastecemento de auga e o sector...

0
Os Concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo presentaron alegacións ao proxecto que Altri pretende desenvolver en Palas de Rei. Os...

San Sadurniño organiza a primeiros de maio un curso sobre conservas vexetais

0
O Concello recorda, ademais, que o luns finaliza o prazo de reserva de espazos para a Feira da Plantación do domingo 28 O Concello de...

300 escolares percorreron Carballo no “trolebús literario”

0
Os centros educativos interesados poden solicitar as visitas guiadas a través do enderezo electrónico comunicacion@carballo.gal Un total de 290 escolares carballeses participaron xa nas visitas...

A banda de rock Forraje regresa aos escenarios cun concerto na festa do Carme...

0
O mundo do rock está de sorte co regreso de Forraje aos escenarios. En 2015 publicou o disco de despedida Quince duchas de agua...

Publicacións Relacionadas