O grupo municipal propuxo incorporar ao acordos de colaboración coa Xunta de Galicia sobre reparacións nos centros educativos, o proxecto de renovación das baixantes de auga dos centros de ensino.
A proposta trátase dun proxecto técnico xa elaborado polo persoal municipal, que leva meses pendente de execución e que permitiría previr filtracións, humidades e algunhas das avarías recorrentes nas instalacións, mellorando as condicións de seguridade e salubridade dos edificios de uso público.
A petición foi destinada principalmente aos centros escolares polas colaboracións actuais coa Xunta, pero a proposta tamén recolle esta renovación nos locais sociais do municipio.
Dende Alternativa dos Veciños denuncia que este e outros proxectos estiveron bloqueados ante a desidia do antigo goberno de Unión por Cambre, e tamén do PSOE (antigos responsables da Concellería de Educación), que tampouco impulsaron a súa execución cando tiñan competencia directa e incluso maioría. Alternativa lembra que, durante anos, cada curso escolar rematou e comezou con incidencias de mantemento non resoltas, algo que afecta directamente á comunidade escolar e as entidades veciñais que empregan os locais sociais.
“Cambre segue a pagar as consecuencias dun desgoberno continuado, que nin planificou nin executou” conclúe Raúl Varela, voceiro do grupo.



