HomeA CoruñaAlternativa propón a todos os concellos da comarca reclamar á Xunta o...

Alternativa propón a todos os concellos da comarca reclamar á Xunta o reinicio da obra de conexión da vía Ártabra coa AP-9

- Anuncio -spot_img

Na Deputación o BNG votou en contra e o PSOE abstívose, agás un deputado


Alternativa dos Veciños presentará unha moción para que se debata nos concellos de Cambre, Culleredo, Sada, Bergondo, Arteixo, Oleiros e A Coruña o documento que xa foi aprobado na Deputación sobre a urxente necesidade de que a Xunta de Galicia contrate as obras de conexión da vía Ártabra coa AP-9, paralizadas desde hai máis de 4 anos.

No caso dos concellos de Cambre, Culleredo, Bergondo, Oleiros e Arteixo, a moción será presentada polos concelleiros e concelleiras de Alternativa dos Veciños nestes municipios. Na Coruña e Sada presentaranse a través dos rexistros xerais dos concellos, solicitando aos respectivos gobernos municipais a tramitación da mesma dada a importancia que ten a Vía Ártabra para o tráfico comarcal.

A comarca da Coruña, tal e como denunciamos constantemente, presenta un importante déficit de infraestruturas viarias, así como de medios de transporte público, axustados ás necesidades reais de mobilidade de cidadanía e empresas. Entre outras actuacións pendentes que mellorarían notablemente o tráfico, a máis transversal é a vía Ártabra: a gran circunvalación da comarca coruñesa que dará servizo a concellos e polígonos industriais de Cambre, Bergondo, Sada, Oleiros, Culleredo, Arteixo e A Coruña, creando conexións directas coa AP-9, a A-6 e outras vías principais. A vía Ártabra permitirá tamén aliviar o tráfico de forma xeral na rede viaria metropolitana, desconxestionando especialmente a Costa da Tapia en Cambre, a estrada da costa de Sada e Oleiros e a ponte da Pasaxe.

A primeira fase da vía Ártabra, desde o porto de Lorbé ata AP-9, sería xa neste momento unha realidade de non ser polo anterior Goberno de Cambre que atopou un suberturfuxo legal para que a xustiza paralizase a obra por erros administrativos cometidos polo Goberno autonómico bipartito.
Pasados xa máis de 4 anos desa sentenza xudicial, non se entende que a Xunta de Galicia continúe sen reiniciar os trámites para retomar a obra.

Intereses persoais de representantes políticos de Cambre, mentalidades localistas, cálculos electoralistas ou discursos demagóxicos dalgúns grupos políticos non poden frear durante máis tempo unha infraestrutura supramunicipal clave para o progreso da comarca da Coruña no seu conxunto, máis se cabe co grave problema de mobilidade existente na área metropolitana máis importante de Galicia.

Publicacións Relacionadas