A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional presentou o proxecto Ría de Arousa Accesible este pasado mércores 19 na Lonxa de Ribeira.
A presentación tratou sobre accesibilidade universal e explicouse a que fai referencia e as condicións que deben presentar os entornos, procesos, bens, servizos, produtos, ferramentas e dispositivos para que poidan ser empregados polo maior número de persoas de maneira eficaz, cómoda, independente e segura.
O acto foi presentado por Milagros Rey, presidenta da Asociación Ambar e Juan José Millán, patrón maior da Ría de Arousa. Tanto Ambar como a Confraría da Illa de Arousa traballlan xuntos para impulsar este proxecto conxunto, e incrementar a accesibilidade do sector marítimo pesqueiro para incluír a todas as persoas no sector garantindo a súa plena participación.
Na presentación estiveron presentes Luis Pérez Barral, alcalde de Ribeira; José Ramón Romero, alcalde de Boiro; Alicia Romero, secretaria de Ambar; Helena Teira, coordinadora xeral de Ambar; Juan Luis Furones, concelleiro delegado de Sanidade; Fernando Abraldes, concelleiro de Mar; Tania Redondo, delegada de Servizos Municipais; Miguel Iglesias, patrón maior de Rianxo e presidente do GALP, representantes d e membros de entidades da comarca como a Asociación Española Contra o Cancro de Ribeira, da R. E I. Cofradía da Dorna.
Pechou o acto Luis Pérez e para rematar, as persoas asistentes puideron desfrutar dunha degustación de produtos do mar a cargo de Gastrolab Arousa, de Miguel Mosteiro.
Ría de Arousa Accesible está financiado polo Galp Ría de Arousa, pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia e Cofinanciado pola Unión Europea.