O Pazo de Arenaza atópase cedido polo Concello á Deputación para albergar un centro de traballo compartido. Ante o éxito que ten, para poder incorporar máis persoas emprendedoras, o Concello demandou á Deputación novas obras para incrementar os actuais espazos restaurando o patio e as antigas caballerizas, actualmente en desuso.
O alcalde e deputado provincial acadou o compromiso da Deputación para que sexa o organismo provincial o que execute a obra, á que destinará 256.000 euros. O proxecto dependerá dun concurso de ideas promovida pola Deputación e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.



