Home A Coruña Ana Miranda denuncia ante a Defensora do Pobo Europea a decisión da...

Ana Miranda denuncia ante a Defensora do Pobo Europea a decisión da Comisión Europea de vetar a pesca de fondo

- Anuncio -

O BNG considera que o comisario de Pesca debe dimitir por prevaricación ao non presentar un informe de impacto socioeconómico

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, anunciou que xa trasladou á Defensora do Pobo Europea a decisión da Comisión Europea de vetar a pesca de arrastre en 87 caladoiros do Atlántico sen ter realizado de forma previa un estudo das consecuencias sociais e económicas desta prohibición no sector pesqueiro galego. ”É inaceptable que o comisario tome unha decisión deste calado sen medir o seu impacto económico, trátase dun defecto de forma moi grave”, subliñou Miranda nun encontro co sector pesqueiro na lonxa de Ribeira, xunto a deputada Rosana Pérez e o portavoz municipal do BNG en Ribeira, Luis Pérez Barral, e a concelleira Cruz Rivadulla..

“Consideramos que o comisario de Pesca debe dimitir por prevaricación, por incumprimento dos actos administrativos, xa que unha medida de impacto económico tan grave debe ir acompañada non só de informe científico senón tamén dun estudo de impacto socioeconómico”, explica Ana Miranda, quen defendeu que a Comisión comete unha ilegalidade que debe ser trasladada á Defensora do Pobo Europea, Emily O’Reilly.

Ademais da gravidade da actuación do comisario de Pesca, para a deputada nacionalista os gobernos galego e estatal non souberon anticiparse a esta decisión, que é “un agravio máis” á frota pesqueira galega, que se suma á aprobación do Regulamento de Control e a redución de cotas. “A ignorancia da Comisión Europea e a pasividade dos gobernos galegos e estatal teñen estas consecuencias”, manifestou Ana Miranda, quen lembrou que o mesmo día da publicación desta normativa solicitou entrevista urxente co comisario de Pescada UE, Virginijus Sinkevicius.

A eurodeputada do BNG indicou que o 29 de setembro celebrarase a vindeira Comisión de Pesca, na que trasladará a situación do sector pesqueiro galego ao resto de eurodeputados e eurodeputadas, para o cal xa solicitou ao presidente da Comisión a inclusión deste tema na orde do día. Ademais, expresou o apoio do Bloque á concentración que terá lugar o vindeiro 8 de outubro na prazo do Concello de Ribeira, para protestar contra esta prohibición da pesca de fondo.

Falta de sensibilidade do presidente da Xunta
Por outro lado, a deputada Rosana Pérez acusou ao presidente da Xunta de “falta absoluta de respecto e de sensibilidade” de anunciar no Consello da Xunta a implantación do primeiro parque de eólica mariña en fronte a Langosteira. “É un tema no que o sector non é favorable polo que debería ser debatido no propio Observatorio Galego da Eólica Mariña, onde non hai unanimidade ao respecto”, manifestou a deputada nacionalista. “A Xunta de Galiza non debería diversificar os seus problemas e debería centrar toda a súa enerxía na defensa do sector pesqueiro”, concluíu.

Relacionadas

A Fusquenlla ampliará o seu equipamento gracias a un investimento cercano aos 168.000 euros

0
A Plataforma de Contratación co Sector Público do Concello de San Sadurniño ten publicada desde hai uns días a licitación do contrato de subministración...

García Seoane adoptou o papel de vítima sendo o principal responsable das dificultades para...

0
Foi el como alcalde quen deu licenza ao edificio que agora impide a súa ampliación. Cando García Seoane deu licenza ao edificio coñecido por "...

O PSOE destaca os investimentos do goberno do Estado en marcha en Santiago: 220...

0
O senador por Santiago, Sánchez Bugallo, destaca entre os investimentos o incremento da aportación para a depuradora e as obras do Orbital que finalizarán...

Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra...

0
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron...

O Festival de Humor da Laracha celebra a 10º Edición coas Izquierdo Sisters, Moncho...

0
As entradas, a 8 euros por espectáculo, estarán á venda no Concello desde o luns. No mes de maio regresará á Laracha o Festival de...

Adxudicada a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela

0
O Concello adxudicou por 344.281,30 euros a primeira fase da reforma integral da Escola Infantil A Pardela, nos Regos. As obras realizaranse no verán,...

Publicacións Relacionadas