O Goberno autonómico destina o próximo ano 1,35 millóns de euros a axudas a concellos, entidades protectoras e particulares para a protección dos animais de compañía
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiron hoxe á inauguración no barrio de Xuxán da clínica GC Veterinaria, onde puxeron en valor o labor deste tipo de establecementos a prol do benestar dos animais de compañía. De feito, a conselleira destacou o especial compromiso desta entidade sen ánimo de lucro e colaboradora coa Asociación Protectora de Animais Gatocan, á que destinará os beneficios que obteña no desenvolvemento da súa actividade.
A responsable autonómica lembrou que este tipo de accións concordan coa aposta do Executivo galego polo benestar dos animais de compañía, como demostran os 1,35 millóns de euros que o seu departamento destinará o próximo ano a axudas a concellos, entidades protectoras e particulares para a súa protección.

                                    

