HomeA CoruñaA CoruñaAnimacción contará co relatorio de Juan Pablo Zaramella e a reprodución dunha...

Animacción contará co relatorio de Juan Pablo Zaramella e a reprodución dunha película nomeada ao Óscar

- Anuncio -spot_img

• O animador e ilustrador arxentino estará mañá, xoves 30 de outubro, a partir das 16:30 horas na Real Academia de Belas Artes da Coruña.

• Leste mesmo día, a partir das 18:00 horas, a Filmoteca de Galicia acollerá a proxección dos curtos da sección infantil e ás 20:30 horas, o filme Memorias dun caracol.

• No Fórum Metropolitano, ás 20:00 horas reproduciranse algunhas pezas da sección Panorama Galicia Retro.

O Festival Internacional de Animación Animacción continúa atraendo a numerosos afeccionados ás súas actividades. Mañá, xoves 30 de outubro, non vai ser distinto, pois o ilustrador e animador arxentino, Juan Pablo Zaramella, acudirá á Real Academia de Belas Artes da Coruña ás 16:30 horas para falar do seu traballo e experiencia. Ao longo da tarde, reproduciranse distintos curtos da sección infantil, da Panorama Galicia Retro e o longametraxe Memorias dun caracol, un stop motion que recibiu nomeamentos aos Óscar, aos Globos de Ouro e no Festival de Cinema de San Sebastián. Os pases realizaranse na Filmoteca de Galicia e o Fórum Metropolitano ao longo da tarde.
O programa arrincará ás 12.30 no CIFP Audiovisual de Vigo. Pola tarde, a Real Academia de Belas Artes da Coruña acollerá a intervención do director de Luminaris, a curtametraxe máis premiada da historia, Juan Pablo Zaramella (16:30 horas). Esta non é a súa única obra nin nomeamento, pois con Pasaxeiro logrou unha preselección aos Óscar. As persoas interesadas poderán acudir á instalación e gozar do relatorio dun dos maiores artistas de animación actual.
Como parte da programación do día, a partir das 18:00 horas na Filmoteca de Galicia comezarán as proxeccións dos curtos. O pistoletazo de saída darano as obras da sección infantil neste recinto. Ás 20:00 horas a animación continuará no Fórum Metropolitano coa sección Panorama Galicia Retro, onde o público poderá gozar das pezas dirixidas por artistas galegos.
De novo na Filmoteca de Galicia, ás 20:30 horas, proxectarase unha das obras estrela do festival, Memorias dun caracol. O filme australiano de stop motion, dirixido por Adam Elliot, conseguiu varios nomeamentos nos Óscar, nos Globos de Ouro e no Festival de Cinema de San Sebastián, alzándose con premios en Sitges Film Festival e no Göteborg Film Festival.
A longametraxe trata a historia de Grace Pudel, unha nena solitaria e inadaptada afeccionada a coleccionar figuras decorativas de carafio. A morte do seu pai abócaa a unha espiral de ansiedade e angustia, pero todo cambia cando coñece a unha excéntrica anciá.
O acceso a todas as propostas do día é libre e gratuíto.

Sobre Ánimas Anónimas
Animacción está organizado por Ánimas Anónimas, unha asociación conformada por directores, produtores e animadores de toda Galicia. Ao longo do ano, a entidade organiza actividades como proxeccións, charlas e mesmo lanza propostas como Mcguffin, retos animados abertos a novos creadores e a outros con experiencia neste ámbito.
O labor de Ánimas Anónimas deu como resultado obras colaborativas que obtiveron nomeamentos nos Premios Mestre Mateo.

Publicacións Relacionadas