Home A Coruña Aposta unánime pola promoción e impulso do Camiño Fisterra e Muxía no...

Aposta unánime pola promoción e impulso do Camiño Fisterra e Muxía no Xacobeo 2021-2022

- Anuncio -

Concello de Santiago, Deputación da Coruña, Turismo de Galicia, Asociación de Concellos do Camiño Fisterra e Muxía e Costa da Morte Asociación Turística comprométense en Compostela coa Ruta Xacobea que representa a continuidade do Camiño de Santiago

As autoridades acompañaron ata a Praza do Obradoiro aos cinco bloggers que desde hoxe percorrerán a Ruta Xacobea que leva á Costa da Morte na campaña ‘O Camiño Continúa’

A Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, foi o escenario do encontro interinstitucional que serviu para aunar esforzos e mostrar o compromiso das Administracións públicas na colaboración para a promoción e o impulso do Camiño de Fisterra e Muxía no Xacobeo 2021-2022. No encontro, celebrado hoxe (13/09/2021) e impulsado pola Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), participou Gumersindo Guinarte, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Asociación de Concellos do Camiño de Fisterra e Muxía, José Manuel Pequeño, e a presidenta da CMAT, Mónica Rodríguez e o vogal José Marcote, así coma o equipo da Secretaría Técnica da CMAT composto por Marta Rodríguez e Manuel Carneiro e do gabinete de comunicación, Irene González.

Os representantes das diferentes Administracións mostraron a súa aposta unánime no impulso do Camiño Fisterra e Muxía. A presidenta do CMAT, Mónica Rodríguez, destacou que “o encontro serviu para fomentar e intensificar a relación e os lazos de colaboración entre a CMAT, entidade que xestiona a promoción do xeodestino Costa da Morte, e as entidades involucradas na promoción turística no eido local, provincial e autonómico”. Destacou que o Camiño Fisterra e Muxía, neste Xacobeo 2021-2022, “será o noso gran reclamo para dar a coñecer tamén o patrimonio, natureza e cultura que ofrecen os concellos que forman parte da CMAT, unha entidade sen ánimo de lucro que integra tamén os diferentes axentes locais, públicos e privados, coa finalidade de desenvolver este territorio en materia turística”. Mónica Rodríguez agradeceu a colaboración e o compromiso das Administracións públicas co Camiño Xacobeo que leva ata Costa da Morte.

A CMAT tamén presentou no encontro a campaña O Camiño Continúa, que dará un impulso á promoción do Camiño de Fisterra e Muxía como unha das Rutas Xacobeas oficiais e promovendo que os peregrinos continúen o Camiño tras a súa chegada a Compostela ata Fisterra e Muxía e toda Costa da Morte.

As autoridades presentes no Pazo de Raxoi acompañaron ata o Obradoiro aos bloggers especializados en viaxes que participan na campaña O Camiño Continúa. Eles vivirán a experiencia do Camiño de Fisterra e Muxía e daranno a coñecer nos seus blogs e nas súas redes sociais, que chegan a uns 130.000 seguidores de todo o mundo. Son Bo Saldaña, de El mundo ok; Leticia Pérez, de Trucos viajeros; Eva Abal, de Una idea un viaje; Dani Keral, de Un viaje creativo; e Alberto Ribas, de Al vientooo. A iniciativa, que comenzou hoxe no Obradoiro e se desenvolverá durante toda esta semana, inclúese no programa de axudas a entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade, competividade e actividades turísticas no 2021.

Cinco bloggers no Camiño de Fisterra e Muxía e na Costa da Morte

Os cinco bloggers percorrerán diversos tramos do Camiño de Fisterra e Muxía no seu paso pola Costa da Morte. O venres, 17 de setembro de 2021, está prevista a súa chegada a Muxía. A continuación, cada profesional pasará o fin de semana, 18 e 19 de setembro de 2021, en diferentes zonas da Costa da Morte e compartirá a súa experiencia cos seus seguidores nas súas redes (Instagram, Twitter e Facebook) e blogs. O Camiño Continúa, campaña coordinada polo blogger Alberto Ribas, quere difundir, promocionar e impulsar o Camiño de Fisterra e Muxía, (a ruta que representa a continuidade do Camiño de Santiago que, tras chegar a Compostela, continúa ata a Costa da Morte) como destino turístico e, tamén, aproveitar esta vía xacobea para que os peregrinos visiten e coñezan o patrimonio, a natureza e a cultura que ofrecen os concellos que forman parte da CMAT, unha entidade sin ánimo de lucro que integra os diferentes axentes locais, públicos e privados, coa finalidade de desenvolver este territorio en materia turística.

Os xestores dos cinco blogs especializados en viaxes e que son referentes na blogosfera española aloxaránse e utilizarán servizos turísticos asociados á CMAT, en colaboración coa Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM). Durante a andaina dos bloggers pola ruta xacobea que leva ata Muxía e Fisterra incorporaranse ao Camiño diferentes axentes locais para contribuir á súa promoción e difusión, en coordinación cos Concellos. Costa da Morte Asociación Turística gravará unha reportaxe, que será empregada como reclamo turístico en canles online.

Está previsto que a campaña O Camiño Continúa chegue aos 130.000 seguidores das redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter) de Bo Saldaña, Leticia Pérez, Eva Abal, Dani Keral e Alberto Ribas, todos especializados en viaxes. Os seus blogs contan con máis de 475.000 visitas mensuais (El mundo ok, 80.000; Trucos viajeros, 26.600; Una idea un viaje, 180.000; Un viaje creativo, 125.000, y Al vientooo, 65.000). Para non perder detalle, a experiencia de O Camiño continúa pode seguirse nos blogs e perfís das redes sociais tanto dos bloggers coma da CMAT (Instagram, Twitter e Facebook).

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas